Recordade que mañá os nenos/as teñen que traer ao cole un boneco do tamaño dun puño para a sesión que teñen de "Estimulación á linguaxe". Se non o tendes tan pequeniño, un pouco máis grande non pasa nada, eso si, sen pasarse, eh!!!
domingo, 27 de noviembre de 2011
sábado, 26 de noviembre de 2011
viernes, 25 de noviembre de 2011
Mais enlaces
Aproveitando que temos aquí a fin de semana, déixovos outro enlace que ten un montón de xogos dependendo da idade, espero que os disfruten...
jueves, 24 de noviembre de 2011
domingo, 20 de noviembre de 2011
Día universal dos dereitos dos nen@s
Coincidindo con esta celebración, deixovos un enlace que inclúe xogos e actividades relacionados cos dereitos dos nen@s.
sábado, 19 de noviembre de 2011
Enlaces de interés
Bueno, aquí vos deixo uns enlaces para que os peques poidan desfrutar dalgúns xoguiños de ordenador e vaian aprendendo ao mesmo tempo. Ao seguir publicando poderedes ver os enlaces na parte dereita do blog. Espero que lles gusten...
O primeiro é do outono, aproveitando a estación...
O seguinte é das vogais...
Proximamente irei poñendo máis!
viernes, 18 de noviembre de 2011
Letra i
Como xa saberedes, estes días comezamos a traballar coas famosas "minúsculas", estamos empezando polas vogais e a primeira que aprendemos é o "i". Aquí vos deixo unha pequena poesía que aprenderon e os debuxos que fixeron de cousas que empezan ou conteñen esta letra.
Hoxe tivemos uns invitados moi especiais...
Así como volo conto, hoxe tivemos unha visita especial, os hámster de Marta viñeron a presentarse para que os puideramos coñecer, habíamos oído falar tanto deles... Algúns tiñámoslle un pouco de medo, outros houberámolos levado con nos para a casa!! Pero, ademais destes dous inquietos animaliños, tamén nos visitaron outros que eran moito máis tranquilos e non daban tanto medo!!!
miércoles, 16 de noviembre de 2011
A GRANDES MALES...
jueves, 10 de noviembre de 2011
miércoles, 9 de noviembre de 2011
lunes, 7 de noviembre de 2011
VOLCÁN "EL HIERRO"
Como xa saberedes, este fin de semana produciuse unha nova erupción submarina na isla "El Hierro", de momento hai pouquiñas imaxenes, pero as suficientes para que os nenos (e ata eu mesma) nos quedemos impactados!
Aquí vos deixo unha para os que non puidestes velo.
Por certo, non deixedes de ver o telediario con eles!
miércoles, 2 de noviembre de 2011
UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN
O outro día no cole fixemos o experimento de cómo erupciona un volcán. O primeiriño é ter unha maqueta de volcán que, grazas á vosa participación, tiñamos onde escoller; despois botamos un pouco bicarbonato dentro e, xa por último, engadimos un pouco de vinagre. Podedes intentalo na casa, é sinxelo e o resultado sorprendente, se lle queredes dar algo de color engadide un pouco de azafrán ou pementa.
Este é o noso resultado...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)