Bueno, como sabedes, hoxe no cole celebramos o Samaín, resúltame imposible poñer todas as fotos destes días, así que ata a semana non poderedes desfrutar delas... :(
Pero aquí vos deixo un adianto...
Boa ponte a tod@s!!!
O venres coñecimos esta obra de arte que pintou Edvard Munch chamada "O grito", xa que estamos co tema do medo a maioría das suposicións é que a personaxe central está gritando porque lle ten medo a algo, quen sabe, unha pantasma, unha bruxa... Comezaron a facer a súa propia onde eles serán os protagonistas, pero aínda non están rematadas porque estes días no cole as horas non chegan a nada...
Bueno, como xa sabedes, este par de semanas antes de comezar co Samaín, vamos a facer un mini proxecto sobre o medo. Para isto crearemos un recuncho de aula onde colocaremos todas esas cousiñas que nos dan medo e que, ademais, non serven de enlace para traballar o seguinte tema. Por iso, precisamos da vosa axuda, podedes aportar calquera cousa que se vos ocorra que estea relacionada co tema (sen mercar nada).