lunes, 30 de diciembre de 2013

martes, 24 de diciembre de 2013

Arbol Nadal

Aquí vos deixo un vídeo con fotos de cómo confeccionaron os peques a árbore de Nadal da clase, para elo empregamos un escurridor de leitugas!! Foi unha actividade que lles sorprendeu e lles gustou moito. Temos que darlle ás grazas á profe Silvia que é dela, e levamos con el na aula...puff!! 
Teño un montón de cousas pendientes por subir, así que nestes días intentarei poñer o blog ao día.
Por último, desexarvos a todos que pasedes unha Feliz Noiteboa e mañá un Bo Nadal!!!

viernes, 13 de diciembre de 2013

Carta para os Reis

Esta semana estamos traballando un montón, aínda que é un traballo mais lúdico xa que estamos preparando varias manualidades, as portadas de final de trimestre... Polo que si levan mechons de colores no pelo é de todo o que andamos pintando...:)
Por outro lado, tamén estamos escribindo unhas carta aos reis para enviar o martes no buzón, é unha aplicación de Correos e solicitan un mail, así que si a algún vos chega dito mail que saibades do que é. Dos que non teño mail poño o do cole, así que os pedidos me chegan a min, jeje.
Por último, recordarvos que entre luns e martes rematan as campañas de recollida de alimentos (do concello de Caldas) e de roupa (de Global Humanitaria).

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Magdalenas navideñas

Hoxe achegámonos un pouquiño mais a esa época que tanto lles gusta aos peques. E é que gracias a colaboración de María (a mamá de Noa) os nenos elaboraron unha mega magdalena cunha árbore de Nadal e un boneco de neve. Me imaxino que mais de unha non chegaría viva a casa, porque a verdade é que estaban para chuparse os dedos!!
Aquí vai un vídeo do proceso, non hai fotos de todo, xa que non me daba tempo e a última hora me quedei sen batería... :(
E MIL GRACIAS a mamá de Noa por hoxe adicar toda a mañá e toda a súa paciencia a facer este riquísimo postre!!! Que, por certo, deixou algunha de sobra para saborear mañá na merenda....mmmmm!!!!
*A ver se aos peques lles gusta a música do vídeo...jeje

martes, 3 de diciembre de 2013

Folliñas de outono

Estes días estamos rematando co outono e dando xa as primeiras pinceladas do Nadal, do que non fan mais que falar. Hoxe investigamos sobre distintas follas que hai polo patio, sobre todo unhas vermellas que lle chaman moito a atención e despois deixamolas plasmadas en papel.