lunes, 6 de febrero de 2012

Letra T

Hoxe comezamos coa letra "T", limos o conto do topo Topito e da tartaruga Tami, cantamos a canción e xogamos a facer co corpo diversas letras, a que non adiviñades que letra é esta??
Pois si, é a T, e que estes nenos non dan lugar a dúbidas...jejeje
Proximamente colgarei algunha ficha da letra "M" que vimos a semana pasada e, de paso, as da letra "T", perdoade polo retraso, pero é que estes días andamos a mil!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

Mais actividades

Hoxe volvemos a traballar coa Pizarra Dixital, esta vez estivemos facendo uns trazos para mellorar a nosa habilidade psicomotriz; e vestindo a uns nenos acordes coa estación na que estamos. 

 

 

 

martes, 31 de enero de 2012

Os tres porquiños

Hoxe estivemos lendo na aula un conto sobre "Os 3 porquiños" que nos deixou a profe Silvia, gustounos moito, sobre todo porque puidemos abrir e pechar todas as portas que tiña e as casas.... ata se derribaban!!!
Déixovos aquí as fotos e algúns anacos do texto.

 

 




Nalgúns momentos non collía nin unha soa man mais...


"Tienen los cerditos un lugar de ensueño,
como crecen tanto, se queda pequeño.
Se van a mudar, mamá está intranquila,
¡Cuidado que el lobo feroz os vigila!"


"Al cerdo pequeño, algo remolón,
transportar ladrillos le cuesta un montón...
Un día el cerdito duerme tan a gusto,
aparece el lobo y le da un buen susto."


 "El cerdito huye llamando a su hermano,
y llega a la casa del cerdo mediano.
Se refugian dentro, más tarda un momento,
en llegar el lobo peludo y hambriento."

"Toda de ladrillo y hecha con esfuerzo,
los cerditos dentro, preparan su almuerzo.
Quiere el lobo entrar por la chimenea,
se quema la cola y hasta se marea.
Los cerditos ríen al ver lo que pasa,
¡Esta, desde ahora, será nuestra casa!"

lunes, 30 de enero de 2012

Que é a Paz?

Este é un vídeo que fixemos hoxe na aula co que significa a Paz para os mais peques, aquí volo deixo para que vexades o importante que é para nós.
Espero que vos guste...


Canción da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz. Levamos uns días practicando esta canción coa profe Silvia e mirade que bos resultados...


domingo, 29 de enero de 2012

Para repasar o "S"

Aquí vos deixo unhas fichas da letra "S", para os que queirades descargalas e traballar na casa con elas, no enlace están tamén as anteriores da letra "P".

miércoles, 25 de enero de 2012

Pizarra máxica

Hoxe por fin estreamos a tan famosa "Pizarra máxica", por ser o primeiro día estivemos xogando un pouquiño; puxemos un xogo no que había que ter moita destreza para explotar todos os globos o máis rápido posible, pero é que había algúns tan rápidos que non os dabamos pillado! Os nenos pasárono xenial, xa me tarda que chegue a vindeira sesión para que poidan seguir aprendendo con ela!