Xa temos listo o noso rincón do circo onde se atopan todas as cousas que os peques foron traendo da casa. Falta un detalliño que chegará o luns é que seguro que lles encanta, que será???
sábado, 17 de noviembre de 2012
miércoles, 14 de noviembre de 2012
Un circo en la cama
Aquí vos deixo unha historia dun circo que lles gusta moito, ademais é interactiva para que eles participen.
martes, 13 de noviembre de 2012
Follas do outono
Hoxe cando saíron ao patio déronse conta de que había unha morea de follas secas, así que decidiron recollelas.
lunes, 12 de noviembre de 2012
Dentro da castaña
Aquí vos deixo unha poesía que traballamos para o Magosto, é que a semana pasada non nos dou tempo a gravar... vaia artistas!!
Cumple
Bueno, que saibades que si hoxe non comeron o bocata non foi culpa deles, eh!! É que había un biscoito de choco e... apetecíaslle mais!! :)
viernes, 9 de noviembre de 2012
Magosto
Bueno, pois hoxe celebramos no cole o tan esperado Magosto, e é que dende que os nenos souperon desta celebración non paraban de preguntar...
Agradecer ás "mamás asadoras" que nos fixeron estas castañas tan boas!!!
Aquí vos deixo algunhas fotos do día, nótase que lles daba o sol, porque non sae ningún mirando para a foto...jeje



E, aproveitando estas datas, limos un conto chamado "A casa do rato Renato" que xunta as tradicións do Samaín, Magosto e San Martiño nunha mesma historia; ademais o relato lles gustou moito... a ver se vos contan de que vai!!
jueves, 8 de noviembre de 2012
Seguen chegando cousas do circo...
Seguimos recopilando información para o noso proxecto do circo. Cada día chegan cousas novas e variadas. Para a semana empezaremos xa con todas elas.

Hoxe tamén estivemos confeccionando algunha que outra manualidade para o Magosto de mañá e, por certo, nos vos contaron os peques que comeron pipas de cabaza?? Gustáronlles un montón, aínda que cando tieveron que abrir unha eles mesmos non lles fixo tanta gracia... jeje
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










