Hoxe estivemos lendo o conto do Apalpador, seguro que moitos non o coñecedes... nos volo presentamos!!
O Apalpador vive no Courel dende hai moitos anos, pasa o día a apañar madeira como cando era carboeiro, no outono tamén vai ás castañas e así pasa un día tras otro, un día tras outro... Pero polo Nadal baixa a todas as casas de Galiza cunha morea de agasallos para repartir. Anton a Antia non queren ir para a cama para velo, aínda que saben que se non se deitan o Apalpador non virá. Con coidadiño, para non os espertar, o Apalpador aloumíñalles as barriguiñas para ver se están ben mantidos e, coma os dous nenos cearan de abondo, dilles moi baixiño "Así, así esteades todo a ano!". E deixalles unhas castañas na mesiña de noite e uns agasallos agochados por toda a casa, para cando se levanten teñan que xogar a atopalos.
E colorín, colorado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario