Bueno, pois espero que disfrutedes moito destes días de descanso e, recordade, a volta ao cole é o día 10 de abril!!
sábado, 31 de marzo de 2012
R suave
Para rematar a semana, comezamos coa "r" suave, cuxo son é un pouco mais difícil que o da "r" forte. Estivemos aprendendo unha poesía e dramatizándoa!! que ben o pasaron!! mágoa que non o rexistrara graficamente, porque mereceu a pena!! quedará para a volta de Semana Santa...
De todas formas, vola deixo aquí, por se a queredes facer con eles na casa.
- Hola Margarita.
- Hola Marimar.
-Mírate la mano.
- ¿Qué debo mirar?
- Una mariquita te quiere besar.
- Oye Margarita.
-Dime Marimar.
- Te traeré un regalo si voy a la mar.
- ¿Una caracola o un calamar?
- Arena de oro y agua de cristal.
- Adiós Margarita.
-Adiós Marimar.
Coa letra R
Seguimos traballando coa letra "r", e para reforzar un pouco mais os contidos, que mellor que facelo na pizarra dixital, así ata lles resulta moito mais motivante.
Trabalingueando
Esta semana estivemos traballando un pouco cos trabalinguas, concretamente cun da letra "rr", ao principio custoulles un pouco, pero coa práctica xa o fan case perfecto, trábome eu mais ca eles.....jeje
Aquí volo deixo para que probedes vos tamén, xa veredes que non é tan sinxelo....
" Erre con erre guitarra,
erre con erre barril,
erre con erre la rueda,
la rueda del ferrocarril"
E para practicar mais, neste enlace tedes un montón...
Asemblea do Luns
Comezamos esta semana cunha asemblea do mais interesante, e é que con este tempo, a maioría dos peques, aproveitaron para ir a dar paseiños pola praia, os mais atrevidos, ata se deron os primeiros chapuzons do ano!!
Pois ben, nun deses paseos, Bryan atopou un oso de dentadura de algún peixe, con dentes e todo!!
Todo isto levounos a unha longa sesión debatendo de que peixe se podería tratar, como chegaría ata a costa, porque os dentes non lle caeron...
Ao final, non puidemos descubrir do que se trataba, aínda que a maioría optaron polo peixe espada e polo tiburon!!!
Coidado cando vaiades de novo á praia, tende en conta que a súa familia pode andar solta polo Grove.... jeje
viernes, 23 de marzo de 2012
Letra R
Como vos comentaba antes, esta semna traballamos coa letra "r", comezamos lendo o conto desta letra no que Aurelio tiña un pequeno problema coa súa carretilla e o rato Ramón e a rata Rita lle axudaban a arranxala; como se lles fixo un pouco tarde, aproveitaron e comeron todos xuntos un delicioso arroz debaixo da arbore da risa.
Ao principio cando comezaron a facer a grafía custoulles un pouquiño, pero coa práctica de todos os días, cada vez sáelles mellor!!
Fichas letras "d" e "r"
Bueno, aínda que xa fai algún tempo que non engado ningunha ficha para traballar na casa, non quere dicir que me esquecera...
Aquí están, xa incluídas, as da letra "d" e as da "r", que comezamos a ver esta semana.
miércoles, 21 de marzo de 2012
Chegou a primavera...
lunes, 19 de marzo de 2012
sábado, 17 de marzo de 2012
Un xornal propio
Para rematar as actividades da Semana da Prensa, quixemos elaborar un xornal da nosa aula, aquí vos deixo as páxinas coas súas principais seccións, espero que vos guste... traballaron a reo para telo acabado a tempo!!
(cliqueade nas imaxes para que o poidades ver mais grande)
jueves, 15 de marzo de 2012
Limonada
miércoles, 14 de marzo de 2012
Máquina de escribir
Hoxe, cando chegamos á aula, había un gran maletín negro do que estivemos facendo suposicións para adiviñar o que contiña. Ao final, con algunha que outra axudiña, adiviñaron de que se trataba. Pois ben, estivemos falando de como era antes a cousa sen tanta tecnoloxía (internet, ordenador...) custáballes crer que antes non existira nada diso, é o que ten nacer na era tecnolóxica....jejeje
Durante a mañá estiveron probando como é iso de escribir á maquina e, bueno, tampouco se lles deu tan mal... Mañá, cando todos a teñan probado, xa veredes o bos mecanógrafos que son!!!
martes, 13 de marzo de 2012
Traballiños de prensa...
Aproveitando que esta semana se celebra a Semana da prensa, estamos a traballar un pouquiño coa prensa escrita, hoxe collemos diversos xornais e nos dedicamos a buscar algunhas seccións como sociedade, deportes, meteoroloxía, gastronomía, economía, corazón e, por suposto, deportes!!
Déixovos as fotos do ben que empezaron co xornal e como acabaron de buscar e buscar...





Martes e 13
Hoxe, coincidindo con este día, tivemos unha asemblea adicada ás supersticións. Que si martes e 13, que si os gatos negros, pasar por debaixo dunha escaleira, que rompa un espello, o trebol de catro follas.... En fin, que non vos sorprendades si chegaron á casa contando que non queren que se lle pase un gato negro por diante ou calquera outra cousiña...jejeje
*Por certo, estase a celebrar en Pontevedra a 12+1 edición do salón do libro, este ano o tema é a Superstición, hai diversas actividades programadas, podedes ver o programa na fiestra da entrada a infantil. Xa que saíu o tema na aula seguro que lles resulta moito mais motivante.
*Por certo, estase a celebrar en Pontevedra a 12+1 edición do salón do libro, este ano o tema é a Superstición, hai diversas actividades programadas, podedes ver o programa na fiestra da entrada a infantil. Xa que saíu o tema na aula seguro que lles resulta moito mais motivante.
domingo, 11 de marzo de 2012
Semana da prensa
Esta semana celebraremos a Semana da prensa, polo que iremos realizando diversas actividades coa prensa escrita. Precisamos da vosa axuda, si tendes xornais, revistas... na casa, vos agradeceriamos moito que as trouxésedes ao cole, iso si, non irán de volta.
Moitas grazas pola colaboración!!
jueves, 8 de marzo de 2012
8 de marzo
Co gallo da celebración do "Día da muller traballadora" hoxe estivemos vendo este conto na aula, aquí volo deixo porque seguro que queren repetir!!jeje
miércoles, 7 de marzo de 2012
Entroido, entroido...
Dito e feito...jeje, aquí están os peques no entroido, xa veredes que guapos...!!
martes, 6 de marzo de 2012
Vídeo Entroido
Mañá, a mais tardar, colgarei un vídeo do entroido con todas as fotos que chegaron dos peques. Están guapísimos!!! a algún ata me custou recoñecelo!!jeje
Sinto que estes últimos días non haxa moito colgado, pero é que no cole andamos a mil....
domingo, 4 de marzo de 2012
Collage
O venres, na sesión de plástica, practicamos a técnica do collage con papel de periódico e revistas vellas do entroido, quedaron unhas obras ben bonitas!! Aquí volos deixo en pleno proceso artístico...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)