sábado, 31 de marzo de 2012

Asemblea do Luns

Comezamos esta semana cunha asemblea do mais interesante, e é que con este tempo, a maioría dos peques, aproveitaron para ir a dar paseiños pola praia, os mais atrevidos, ata se deron os primeiros chapuzons do ano!!
Pois ben, nun deses paseos, Bryan atopou un oso de dentadura de algún peixe, con dentes e todo!!
Todo isto levounos a unha longa sesión debatendo de que peixe se podería tratar, como chegaría ata a costa, porque os dentes non lle caeron...
Ao final, non puidemos descubrir do que se trataba, aínda que a maioría optaron polo peixe espada e polo tiburon!!!


Coidado cando vaiades de novo á praia, tende en conta que a súa familia pode andar solta polo Grove.... jeje


2 comentarios:

  1. jajaaj!!!!!!! e o papi que non queria levalo............jejeej Bryan o primeiro que dixo e que era dun pulpo!!!!!!!! a nosa conclusion......un can!!!!!!que pouca imaxinacion!!!!!!!!! jejej saludiños

    ResponderEliminar
  2. jeje, pois o que nos dou a falar...!!! vámolo ter que levar a algún experto para que nos quite de dubidas!!
    disfrutade destes días!!
    saúdos!!

    ResponderEliminar