sábado, 5 de mayo de 2012

Azucarillos de cores

Onte estivemos experimentando un pouco a nosa nova faceta de cociñeiros e preparamos uns ricos azucarillos de cores, o modo de preparación é o seguinte:

Ingredientes:
- 250 gramos de azucre  
- unha cucharadiña de auga
- unhas gotas de colorante


Preparación:
Mesturamos ben todos os ingredientes, ata que quede unha textura como de area mollada. Introducimos o azucre en moldes aptos para microondas, apretando ben para que non nos queden ocos. Quentamos no microondas sobre uns 30 segundos. Deixamos enfriar uns minutos, desmoldamos e listos para servir!!

Aquí vos deixo o proceso en imaxes...


No hay comentarios:

Publicar un comentario