martes, 6 de noviembre de 2012

Proxecto "O circo"

Bueno, como xa saberedes, estamos comezando un proxecto que trata sobre o circo. Todo surxiu xa que nesta ponte moitos dos peques asistiron ao circo, e o luns na asamblea o tema non fixo mais que eclosionar. Como poñía na nota, podedes traer todo tipo de material relacionado co proxecto que estamos a traballar: contos, fotos, disfraces, murais... todo o que se vos ocorra!!
Podedes traer durante esta semana e a que ven, non hai presa...
Aquí vos deixo as fotos das primeiras cousas que nos están a chegar...



 Iker trouxo un par de leóns que atopou na caixa de cereais.
 Noa un conto do circo, pero non un conto de lectura, senon visual, non sabedes o que lles gustou... e iso que solo o viron de pasada!

Hugo un conto de Teo e o circo, e as súas entradas de cando foi ao circo nesta pasada ponte. 
Alex traballou un monton, e fixo un mural coas fotos do que mais lle gustou do circo, e non lle faltaba detalle!!

2 comentarios:

  1. Como me gusta!!!! Vai quedar un traballo chulísimo!!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Silvia!!
    A verdade é que os peques o están vivindo moito!!

    ResponderEliminar