sábado, 16 de marzo de 2013

Semana moi axetreada!!

Pois aínda que non o pareza polas poucas publicacións no blogue, esta foi unha semana na que non paramos de facer cousiñas. Seguimos traballando coas abellas, das cales xa sabemos unha morea de cousas, ademais temos unha amiga na aula que aos peques lles gustou moito!! Xa rematámola famosa colmena, que para a semana estará colgada no medio da aula. E, como non podía faltar, esta semana fixemos unha degustación de mel, probárona soa e con galletas e a verdade é que lles encantou a todos!!

















Por outra banda, esta semana tamén traballamos a Semana da prensa, falando un montón sobre as noticias e todo o que é considerado como prensa. O que mais lles gustou foi o periódico, que desf¡xeron nel tanto como quixeron. Cada un escolleu unha fotografía e escribiron a noticia da que trataba, e o mesmo fixemos coa tele, aínda que aquí o mais importante para eles eran os debuxos...jeje

















Por último, tamén estivemos preparando as bolsas para as fichas deste trimestre e o regalo de papá, pero desto... non poño fotos!!!! ;)
O luns faremos a portada que lles vai a resultar moi, moi doce, posto que empregaremos chocolate....mmmmm!!!
Que teñades boa fin de semana!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario