viernes, 27 de septiembre de 2013

Esta semaniña...

Bueno, antes de nada, desculpade por tervos algo abandonados, pero é que ultimamente o tempo non me chega a nada...
Aquí vos fago un pequeno resumo de como foi a semana, comezamos a falar da nova estación "o outono" lendo un conto e vendo certos cambios que se producen no ambiente, os mais peques están a practicar o número un; e os maiores fixeron actividades de repaso de letras como engadir letras que faltan, dicir por que letra comezan determinadas palabras, sopas de letras, ordenar letras para formar palabras... en fin que pouco a pouco van collendo a rutina de traballo.
Ademais, estamos elaborando as normas da aula, pero este ano en lugar de ser debuxos, serán fotos deles mesmos cumpríndoas. Cando estean rematadas volas irei colgando para que as vexades.
E, tivemos ás tortus polo chan correteando un pouquiño, aínda que non a todos lles facía a mesma gracia...jeje
Tamén rematamos de pintar o pingüíno Sadurniño, para a semana faremos as letras do nome...














Aquí os mais peques traballando...














Xogos na pantalla dixital...


No hay comentarios:

Publicar un comentario