Nesta entrada vos deixo as poesías do Abezoo que traballamos ao longo do curso. Así, no verán, si se esquecen poderedes refrescarlles a memoria, jeje
sábado, 29 de junio de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
lunes, 24 de junio de 2013
Excursión camelot
Pois aquí van as fotos da excursión de final de curso que fixemos a Camelot, de certos nenos pode que haxa menos fotos, xa que andaban pola zona alta do parque é era imposible sacarlles algunha decente...jeje
Bombóns de chocolate
Aquí vos deixo unhas fotiños de cando fixemos no cole os bombóns de chocolate... Sobra decir que estaban para chuparse os dedos, non?? :)
sábado, 22 de junio de 2013
Gusanos de seda
Nos vindeiros días irei colgando cousiñas que aínda andan pendentes de publicar, xa que o final de curso quita moooito tempo. De momento hoxe vos deixo a poesía que traballamos cos gusanos de seda, onde conta o seu ciclo vital.
sábado, 15 de junio de 2013
Visita ao Alfonso VII
O venres tocou excursión, fomos ao Alfonso VII para que os de cinco coñeceran un pouco mais o cole. Nada mais chegar as profes ensinaronnos os patios, as aulas de infantil, biblioteca, a sala de ordenadores, as aulas de música... Nesta última tiveron mais que sorte, xa que os mais maiores do cole estaban tocando a canción de Tadeo Jons cunha morea de instrumentos e, claro, encantoulles!!
Mentras os de cinco coñecían as aulas de primeiro, os de tres e catro estiveron xogando un pouco no patio. Logo tocou merenda con todos os nenos/as de infantil.
E, xa por último... o mago!!! Que lles gustou un montón!!
Non teño moitas fotos da saída, entre chaquetas e merenda non daba a basto coa cámara, pero si que puiden facer un pequeno vídeo de cando Anxo subeu ao escenario co mago, aquí volo deixo...
Tamén aproveitei para que o venres levaran as plantas que sementamos fai semanas, e é que como está o final de curso á volta de esquina, cada día levarán unha cousiña que fixemos durante este último trimestre, para que o 21 non vaian tan cargados. Ademais, as plantas necesitan unha macetiña mais grande...jeje
Ranitas
O pasado xoves os peques levaron para a casa as ranitas que fixemos gracias á revista de Xurxo e, para o sinxelo que resulta facelas, o resultado é moi orixinal e a eles lles encantou! tanto foi así que sei de algunha que xa non saiu enteira da aula, jeje
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





