O venres tocou excursión, fomos ao Alfonso VII para que os de cinco coñeceran un pouco mais o cole. Nada mais chegar as profes ensinaronnos os patios, as aulas de infantil, biblioteca, a sala de ordenadores, as aulas de música... Nesta última tiveron mais que sorte, xa que os mais maiores do cole estaban tocando a canción de Tadeo Jons cunha morea de instrumentos e, claro, encantoulles!!
Mentras os de cinco coñecían as aulas de primeiro, os de tres e catro estiveron xogando un pouco no patio. Logo tocou merenda con todos os nenos/as de infantil.
E, xa por último... o mago!!! Que lles gustou un montón!!
Non teño moitas fotos da saída, entre chaquetas e merenda non daba a basto coa cámara, pero si que puiden facer un pequeno vídeo de cando Anxo subeu ao escenario co mago, aquí volo deixo...
Tamén aproveitei para que o venres levaran as plantas que sementamos fai semanas, e é que como está o final de curso á volta de esquina, cada día levarán unha cousiña que fixemos durante este último trimestre, para que o 21 non vaian tan cargados. Ademais, as plantas necesitan unha macetiña mais grande...jeje
No hay comentarios:
Publicar un comentario