jueves, 21 de febrero de 2013

Rematando co inverno

Bueno, estes días tocou retomar o tema do inverno que deixamos un pouco de lado coa celebración do entroido e co proxecto dos hippies. Estas son as manualidades que fixemos ao longo da semana e que aínda non me dera tempo a subir... Cada peque escolleu entre oso polar ou foca e co papel hixiénico cubriron todo o seu corpo, logo recortamos e pegamos nunha cartolina. E tamén fixemos un boneco de neve onde pintaron os copos con témpera, que moito lles gusta...




Para traballar esta temática nos axudamos duns cantos contos, aínda que hai que recoñecer que os de PopUp lles chiflan, polo que o de "10pequeños pingüinos" e "El muñeco de nieve feliz" triunfaron!! Ademais con este último estamos aprendendo unha canción de dita estación.




E, xa por último, aquí vos deixo un enlace para que poidan facer eles mesmos os seu propio boneco de neve. Esta actividade para potenciar o manexo do rato está xenial.


No hay comentarios:

Publicar un comentario