sábado, 2 de febrero de 2013

Para a semana... Entroido!!!

Bueno, pois como xa saberedes, este ano coinciden ben prontiño as celebracións do Entroido. Polo que durante a semana que ven iremos facendo diversos atuendos na aula que irán levando para a casa, isto despois de decidilo entre todos na asemblea, jeje
E o venres tocará a sesión de disfraces, que xa están no taller de confección :)
Por outra banda, os maiores seguen coa lectoescritura, xa comezaron as consoantes co panadeiro "p". No apartado que hai arriba de Lectoescritura están enlazados todos os vídeos das letras que imos vendo, así quedan a mellor disposición para cando os peques queiran repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario