Pois hoxe celebramos no cole o cumple de Iker, que xa ten 6 anos!!! E con el rematamos a tanda de cumples deste curso, así que ata o ano que ven non volveremos a ter sesións de tarta no cole... :(
Moitas Felicidades!!
Mañá conmemórase en toda Galicia o Día das Letras Galegas, nos hoxe fixémolo no cole adicándolle parte do día a Roberto Vidal Bolaño, aprendemos as cousas mais importantes da súa vida como que naceu en Santiago, que tiña unha irmá pequena e que lle gustaba moito traballar no teatro, cine e televisión. Como na maioría das fotos ten unha caricaturaxe particular, decidimos converternos nós tamén en Vidal Bolaño por un día...
Por outro lado, hoxe comezamos novo proxecto. E é que dende onte estivemos falando dun tal Elmer que ninguén coñecía e hoxe descubrimos que se trata dun elefante de cadros multicolor. Despois de ler o conto, propuxemos un xogo, a ver quen era capaz de atopar pola aula algo que tivese os cadros multicolor de Elmer. Os peques