domingo, 5 de mayo de 2013

Feliz día a todas as mamis!!!

Pois aproveito esta entrada no blogue para felicitar a todas as mamás, que hoxe é o seu día. Espero que vos gustara o regalo dos peques, e tamén  espero que o abrísedes hoxe, eh!! sen facer trampas... ;)
Eles o pasaron pipa facéndoo, e cando viron o resultado quedaron moi sorprendidos do ben que lles quedara; pero para iso estiveron o xoves e o venres traballando arreo para que estivese listo a tempo!! 


Por outra banda, o luns e o martes dedicámolos a confeccionar o noso propio maio, que quedou ben chulo!! Moitas grazas a todos por axudarnos coas margaritas, fiuncho e ovos...!!! Aquí vos deixo o vídeo de como o foron facendo pouco a pouco. 

2 comentarios:

  1. Encántame, eu quero facer ún destes!! Unha gran experiencia para os nenos!

    ResponderEliminar
  2. O teu está en camiño Silvia... ;)

    ResponderEliminar