jueves, 16 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

Mañá conmemórase en toda Galicia o Día das Letras Galegas, nos hoxe fixémolo no cole adicándolle parte do día a Roberto Vidal Bolaño, aprendemos as cousas mais importantes da súa vida como que naceu en Santiago, que tiña unha irmá pequena e que lle gustaba moito traballar no teatro, cine e televisión. Como na maioría das fotos ten unha caricaturaxe particular, decidimos converternos nós tamén en Vidal Bolaño por un día...














Tamén aproveitamos a pantalla dixital para facer unhas actividades de Roberto sobre a súa visa e os seus poemas. Se clicades na imaxe accederedes a elas que, aínda que xa as fixeron no cole, coa ponte de choiva que nos espera ao mellor algún quere repetir...



Por outro lado, hoxe comezamos novo proxecto. E é que dende onte estivemos falando dun tal Elmer que ninguén coñecía e hoxe descubrimos que se trata dun elefante de cadros multicolor. Despois de ler o conto, propuxemos un xogo, a ver quen era capaz de atopar pola aula algo que tivese os cadros multicolor de Elmer. Os peques
rápido se deron conta que nas gabetas e nos percheiros as había, pero non eran iguales, xa que eses son dun pintor chamado Paul Klee ao que lle "copiaron" a idea. Agora, sabendo todo isto, aos peques entroulles a intriga de aprender mais cousiñas sobre este pintor, por iso precisamos da vosa axuda.

E, non nos podemos esquecer, de que hoxe foi o cumple de Ingrid, quen nos invitou a unha rica tarta, moitas felicidades!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario