A semana pasada non puiden nin actualizar o blog, así que vos poño hoxe o resultado do taller de cociña no que elaboramos as nosas propias galletas príncipe!! Aos peques encantoulles e, polo que me contaron, as galletiñas estaban ben boas!!
O venres fixemos unha quiniela para ver quen acertaba o número de capullos que habería hoxe no cole, e despois do reconto o que mais se acercou foi Alex, xa que temos... 23 crisálidas!!!! Como nos lles quedan moitos ocos nas caixas, puxemos uns rolos de papel hixiénico para que tamén se acomoden neles.
E, xa por último, ensinarvos o noso rinconcillo de Paul Klee onde colgaremos todas as súas obras e do que seguemos aprendendo moitas cousas día a día. Está un pouco torto, pero o importante é que empregamos unha chea de colores e de formas que era o que a el mais lle gustaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario