Pois hoxe tocou cociña e fixemos uns azucarillos de cores que tiñamos pendentes dende fai uns días. É unha receita moi sinxela e encantoulles, claro!! Só hai que engadir un pouquiño de colorante e unha cucharada de auga ao azure, colocar en moldes e 30 segundos ao microondas!
miércoles, 12 de junio de 2013
domingo, 9 de junio de 2013
Obras de Paul Klee
lunes, 3 de junio de 2013
Galletas "Príncipe"
A semana pasada non puiden nin actualizar o blog, así que vos poño hoxe o resultado do taller de cociña no que elaboramos as nosas propias galletas príncipe!! Aos peques encantoulles e, polo que me contaron, as galletiñas estaban ben boas!!
O venres fixemos unha quiniela para ver quen acertaba o número de capullos que habería hoxe no cole, e despois do reconto o que mais se acercou foi Alex, xa que temos... 23 crisálidas!!!! Como nos lles quedan moitos ocos nas caixas, puxemos uns rolos de papel hixiénico para que tamén se acomoden neles.
E, xa por último, ensinarvos o noso rinconcillo de Paul Klee onde colgaremos todas as súas obras e do que seguemos aprendendo moitas cousas día a día. Está un pouco torto, pero o importante é que empregamos unha chea de colores e de formas que era o que a el mais lle gustaba.
martes, 28 de mayo de 2013
Cumples rematados!!
Pois hoxe celebramos no cole o cumple de Iker, que xa ten 6 anos!!! E con el rematamos a tanda de cumples deste curso, así que ata o ano que ven non volveremos a ter sesións de tarta no cole... :(
Moitas Felicidades!!
lunes, 27 de mayo de 2013
As nosas bandeiras
Cada vez estamos aprendendo mais cousas sobre Paul Klee. Xa sabíamos que cando comezou a pintar só o facía con lápiz, e hoxe descubrimos que foi nunha viaxe a Túnez cando descubriu unha morea de colores que o caiutivaron. A raíz de esto, estivemos vendo a bandeira de Túnez, así como a de Galicia e España e, xa de paso, elaboramos a nosa propia, cada cal mais orixinal, aquí volas deixo...
E seguen a chegar mais aportacións para o proxecto... moitas gracias!!!
Non me podo esquecer de contarvos que xa temos dúas crisálidas na aula!!!! O venres deixamos a un gusaniño de seda traballando nela, pero hoxe cando chegamos a sorpresa foi maior ao ver que xa había outro.
martes, 21 de mayo de 2013
Experimentando
Para dar remate a todo o traballado da primavera, hoxe fixemos un experimento. Metemos uns claveles blancos en auga con colorante, uns con colorante azul e outros con colorante vermello. Aínda que xa todos intuimos o que vai a pasar, ata mañá non veremos os resultados, posto que necesitan 24horas para impregnarse do tinte, polo que mañá xa poñerei foto de cómo quedaron! de momento, así van...
Por outro lado, xa comezan a chegar as primeiras cousiñas de Paul Klee, moitas grazas pola vosa colaboración!!! Hoxe os peques xa aprenderon que naceu en Suiza e que os seus pais eran músicos, aínda que a favorita da familia era a avoa, xa que lle regalou unha caixa de pinturas cando tiñan catro anos.
jueves, 16 de mayo de 2013
Letras Galegas 2013
Mañá conmemórase en toda Galicia o Día das Letras Galegas, nos hoxe fixémolo no cole adicándolle parte do día a Roberto Vidal Bolaño, aprendemos as cousas mais importantes da súa vida como que naceu en Santiago, que tiña unha irmá pequena e que lle gustaba moito traballar no teatro, cine e televisión. Como na maioría das fotos ten unha caricaturaxe particular, decidimos converternos nós tamén en Vidal Bolaño por un día...
Tamén aproveitamos a pantalla dixital para facer unhas actividades de Roberto sobre a súa visa e os seus poemas. Se clicades na imaxe accederedes a elas que, aínda que xa as fixeron no cole, coa ponte de choiva que nos espera ao mellor algún quere repetir...
Por outro lado, hoxe comezamos novo proxecto. E é que dende onte estivemos falando dun tal Elmer que ninguén coñecía e hoxe descubrimos que se trata dun elefante de cadros multicolor. Despois de ler o conto, propuxemos un xogo, a ver quen era capaz de atopar pola aula algo que tivese os cadros multicolor de Elmer. Os peques
rápido se deron conta que nas gabetas e nos percheiros as había, pero non eran iguales, xa que eses son dun pintor chamado Paul Klee ao que lle "copiaron" a idea. Agora, sabendo todo isto, aos peques entroulles a intriga de aprender mais cousiñas sobre este pintor, por iso precisamos da vosa axuda.
E, non nos podemos esquecer, de que hoxe foi o cumple de Ingrid, quen nos invitou a unha rica tarta, moitas felicidades!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














