viernes, 5 de febrero de 2016

Evitemos o peche da EEi Santo André de Cesar

Me imaxino que algúns xa sabedes que a Escola de Santo André está pendente dun fío. Si conocedes de algún neno/a que vaia a comezar o cole este vindeiro curso animádeo a que se matricule alí. Entre todos, seguro que conseguimos mantela aberta!


miércoles, 29 de octubre de 2014

Aviso!!

Este ano, ao ser profe de apoio, estamos noutro enderezo. Aquí vos deixo o enlace por si lle queredes votar unha ollada ás cousiñas que vamos facendo no Ceip de Vilaxoán!

https://cativosdevilaxoan.blogspot.com

jueves, 10 de abril de 2014

Papis!!!
Como van eses peques? Que ganas de velos!! Dentro duns días iremos polo cole para que tamén coñezan a Pablo! :)
E, por certo, aquí vos deixo o enlace onde se están publicando vídeos e fotos de todas as experiencias que están levando a cabo...

Cliqueade na foto

martes, 18 de febrero de 2014

30 de Xaneiro: "Día da Paz"

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o Día da Paz e a non violencia, e no cole non quixemos ser menos, así que elaboramos algunha manualidade, fixemos xogos na PDI, traballamos cun conto da "Paloma MariPaz" e elaboramos unhas ricas galletas con forma de pomba.
Aínda que vai cun pouco de retraso, aquí vos deixo a poesía que os peques aprenderon para ese día. Ao mellor colledes un pouco de torticulis, por que non me deixa publicar o vídeo vertical, ademais o audio ás veces fai desfase coa imaxe...unha pena co ben que o fixeron!


As ricas galletas que cociñamos...


E tamén, un xogo para o ordeador que versa sobre o mesmo tema. Pinchade na imaxe para acceder a él.


Merendando pizza

Nestes últimos días, tamén fixemos unha merendola que os peques levaban pedindo varios días... Así que como o prometido é deuda, tocou pizza para merendar. Aquí van as fotos...



Pingüis de inverno

Pois para ambientar un pouco a aula coa estación na que estamos, cada peque elaborou un pongüino para un mural conxunto. Para elo houbo que descalzarse e pintar as plantas dos pés, a algúns costoulle mais que a outros, xa que o pincel lles facía moitas cosquillas...
E despois, que si gorro, ollos, barriga... 
Aquí van algunhas fotos de como quedaron, aínda que algúns peques o teñen pendente de rematar...




martes, 28 de enero de 2014

Cumple Hugo

Onte celebramos o cumple de Hugo, que é o primeiro en estrear os 6 aniños na aula!! Felicidades!!