lunes, 24 de diciembre de 2012

BO NADAL!!!

Estreliñas navideñas

O último día do cole, fixemos unhas estreliñas con xelatina. Despois da asamblea puxémonos mans á obra para que puidese secar a tempo, aínda así non colleu a consistencia suficiente para poder empregar esa, menos mal que tíñamos un segundo recurso, cunhas bandexas de xelatina que fixera eu o día anterior, así que aí van os resultados...









viernes, 21 de diciembre de 2012

Visita de Papa Noel

Bueno, como xa saberedes, hoxe visitounos no cole Papa Noel, fíxolles un montón de ilusión, sobre todo no momento de abrir os regalos, aquí vos deixo un vídeo coas fotos...
Nestes próximos días irei poñendo mais cousiñas que fixemos ao longo das dúas últimas semanas, que é que ás veces o tempo non chega a nada...

martes, 18 de diciembre de 2012

Maracas navideñas!!

Hoxe estivemos facendo unhas divertidas maracas navideñas, así o venres poderemos cantar un villancico acompañado da nosa música...jeje. Aquí están mentres introducían o arroz nas bolas e xa coas maracas rematadas, aínda que hoxe non as puidemos empregar moito, xa que o pegamento aínda non estaba seco de todo.


sábado, 15 de diciembre de 2012

Excursión aplazada!

Bueno, pois como xa sabedes, o venres tivemos que aprazar a excursión por mor do temporal. De momento aínda non temos nova data, será difícil facela para a vindeira semana, o mais seguro é que teñamos que esperar á volta do Nadal e facela en Xaneiro. De todos xeitos, ireivos avisando co que sexa.
Aínda así, non foron todo penas ese día, posto que aproveitamos para celebrar o cumple de Alex que, por certo, trouxo unhas servilletas de Bop Esponxa que os deixaron alucinados, ata lles daba pena limparse con elas...

jueves, 13 de diciembre de 2012

Vaia mans!!

Estes días andamos ultimando todas as manualidades de Nadal, para unha delas tivemos que pintar as dúas mans e, ao empregar a cor marrón, parecía que levaban horas rebozándose no lodo, aínda que eles non teñen precisamente mala cara...jeje.


**Recordade que para a saía de mañá teñen que vir coa roupa mais cómoda posible, así como axeitada ao día que vai facer. O horario será o habitual do centro e non terán que traer a merenda.

martes, 11 de diciembre de 2012

...canto falta?

Xa temos controlada a chegada de Papa Noel, e é que temos o calendario de conta atrás, aínda que bueno o noso esta algo mais colorido... Así ao chegar pintamos o día que é hoxe e contamos cantos faltan para que chegue, unha boa forma coa que tamén aproveitamos para traballar as mates. Aquí vos deixo unha copia por si queredes facelo tamén na casa.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Xogos navideños

Aquí vos deixo uns xogos navideños para que aos peques non se lle faga tan longa a espera, jeje. Estes últimos días andamos a mil, por iso non haberá actualizacións diarias.
Recordade traer canto antes a autorización para a saída do venres.
Para acceder aos xogos, cliqueade nas imaxes.





jueves, 6 de diciembre de 2012

Fin do proxecto... inicio do Nadal!!

Bueno, pois está claro que o fin dunha cousa leva o inicio da outra, e isto é o que nos está a suceder estes días no cole. Aquí vos deixo a nosa portada do circo... 





...e tamén a nova decoración da porta, tamén estamos facendo mais cousiñas para que a clase vaia collendo ese aroma navideño que aos peques tanto lles gusta... 
Boa ponte para todos!!!





martes, 4 de diciembre de 2012

Feliz cumple Xurxo!!

Hoxe celebramos no cole o cumple de Xurxo que nos invitou a unha tarta riquísima!!


Xa estamos a piques de rematar o proxecto do circo, onte traballamos sobre o medio de transporte no que viaxan, e hoxe coa canción "Había una vez un circo". Tan só nos queda a portada e... proxecto rematado!!

viernes, 30 de noviembre de 2012

Forzudos

Hoxe tocou ser... forzudos!!! E a verdade é que se meteron no papel que daba gusto, iso si con algo de trampa, xa que para os músculos empregamos unhas bolas de papel de periódico, e as pesas pódese dicir que eran das mais lixeiras...jeje











Tamén coñeceron a Bigotini, amigo do Sr. Tato, que é o home mais forte da Península Ibérica...

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Malabaristas, equilibristas, trapecistas...

E é que no cole xa facemos de todo!! Pouco a pouco estes peques vanse convertendo en "Pequenos circenses!". Aínda que co ben que o fan, a min no me estrañaría que algún gran circo os contratase! :)


martes, 27 de noviembre de 2012

O Sr. Tato

Hoxe coñecemos no cole ao Sr. Tato, que é un paiaso que se dedica a facer diversos malabarismos, mirade o hábil que é...

lunes, 26 de noviembre de 2012

Adeus "Azulon"

Pois hoxe despedímonos de Azulon, o amigo de Amarelete e Vermelliño, que estivo pasando con nós estas últimas semanas. Agora quedamos á espera de quen será o noso novo compañeiro!!




Tamén seguimos a aprender cousas do circo, hoxe foi o turno do "Xefe de pista" encargado de presentar todos os espectáculos que se levan a cabo dentro da carpa.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Canto estamos aprendendo do circo!!

Pois si, cada día aprendemos mais cousas novas, agora xa sabemos que o espazo interior da carpa onde se realizan os espectáculos se chama pista. E como a maioría son de area, puxémonos mans á obra para facer a nosa propia. Para elo empregamos sal e xiz de cor amarelo e, hai que dicir, que para ser a primeira vez que o facían quedoulles moi, moi ben. O luns seguiremos aprendendo mais cousiñas, ata entón, boa fin de semana!!


jueves, 22 de noviembre de 2012

Move a man

Aquí vos deixo un xogo para os peques que están comezando co movemento do rato. É moi intuitivo. Cliqueade na imaxe para acceder.


miércoles, 21 de noviembre de 2012

Os "clowns"

Hoxe coñecemos aos "Clowns", son uns paiasos que pintan toda a cara de branco e que empregan traxes brillantes. Ademais son mais serios que os paiasos Augustos (os da nariz vermella). Antes de marchar iámonos pintar, pero entre unhas cousiñas e outras... faltounos tempo, así que aquí vos deixo aos Clowns que pintaron hoxe...


martes, 20 de noviembre de 2012

Somos paiasos!!

Mirade que guapos estes peques co traxe de paiaso, aínda que este era mais cómodo que o de onte... so tiñan que metela cabeza polo burato e... listo!!



                       

 

Hoxe tamén vimos o vídeo completo de todas as cancións de Miliki, aquí vos deixo o enlace porque seguro que mais de un quere repetir... (queda tamén nun lateral para que non teñades que andar buscando a entrada cando queiran repetir).


lunes, 19 de noviembre de 2012

O paiaso Augusto

Hoxe descubrimos un tipo de paiaso, é o paiaso Augusto que son os que teñen o nariz vermello, ademais visten con traxes de cores e sempre se están metendo en lios!! Aquí volos deixo metidos de cheo no papel...


Como xa vos comentaba o outro día, seguimos completando o rincón do circo e claro o que non podía faltar era unha carpa!!!


Tampouco nos podemos esquecer do paiaso Miliki, que morreu esta fin de semana, así que estivemos escoitando unha das súas cancións. Esta semana seguiremos a coñecer mais.