Aquí vos deixo un novo xogo online para que os nenos aprendan xogando, teñen diversas actividades que se van facendo mais complexas a medida que pasan os niveis.
sábado, 30 de junio de 2012
domingo, 24 de junio de 2012
Ata sempre!!!!
Dame moita pena crear esta entrada, estiven intentando aplazala o máximo posible, pero creo que xa é o momento. Aquí vos deixo o último vídeo deste curso... espero que vos guste!!!
Pola vosa axuda,
polas risas,
por todos os bos momentos,
pola colaboración,
pola vosa comprensión,
polas tutorias,
por todo o traballo da casa,
pola vosa implicación,
por estar sempre ahí,
por todos os detalles que tendes,
por todo iso e moito mais....
MiL GRACIAS!!!!!!!!
Gracias Silvia!!!!!!
Pois si non me chegou ben o recibimento do venres á mañá, mirade para aquí que sorpresa me tiñan gardada os nenos e Silvia!!! E que me quedei sen palabras...
sábado, 23 de junio de 2012
viernes, 22 de junio de 2012
Ai pa primeiro
Me imaxino que algo oiriades falar estes días desta canción, así que non vos fago esperar mais...
A continuación vos deixo o "Makking Off" para que vexades o ben que o pasaron nos ensaios...
miércoles, 20 de junio de 2012
A vida de Van Gogh
Aquí vos deixo a vida de van Gogh contada polos propios nenos; a verdade é que penso que me equivoquei co nome do blog, debería ser "grandes artistas"!!
lunes, 18 de junio de 2012
viernes, 15 de junio de 2012
As primeiras bolboretas...
jueves, 14 de junio de 2012
Autorretratos
Que tal eses autorretratos?? gustáronvos?? A verdade é que lles quedaron moi bonitos, menudos artistiñas que teño... Pois agora toca gardalos a bo recaudo, estou segura que nun futuro revalorizaranse e costarán millonadas...jeje
martes, 12 de junio de 2012
Canapés
lunes, 11 de junio de 2012
Seguimos Vangoneando...
Hoxe estivemos vendo un libro que nos trouxeron Emma e Leire de Van Gogh, e aparecía a obra de "Le pere Tanguy" que non habíamos visto con anterioridade, a ver si vos imaxinades o que lles puido chamara a atención???
Pois si, foi o "volcán" que aparece xusto encima do seu gorro. Cando mo dixeron quedei pampa!! e que estes peques nunca paran de sorprendernos!!!!!
Avisos varios
1. Ao final a realización das fotos para as orlas non será mañá, senón o mércores.
2. O préstamo de contos xa está rematado, polo que o conto poderá quedar na casa, a carpeta podédeslla seguir mandando para que sigan levando algunha ficha de lectura.
Letras x, ch, ll e q
Bueno, aínda que chego un pouco tarde aquí vos deixo algunhas fichas das últimas letras que vimos na aula. Durante esta semana poñerei as poucas que nos faltan.
sábado, 9 de junio de 2012
Brochetas de froitas
sábado, 2 de junio de 2012
Paxariños para a primavera
viernes, 1 de junio de 2012
Aviso
Visto que os xirasoles non paran de medrar, é que a macetiña que teñen se lles está quedando pequena, para a semana cada un levará o seu para a casa, así que ide facendo oco na horta... jeje
Suscribirse a:
Entradas (Atom)