sábado, 27 de abril de 2013

Saída a Caldas

Pois onte os peques foron de excursión a Caldas, e a verdade é que a mañá lles cundiu un montón e lles deu tempo a facer unha morea de cousas. Nada mais chegar foron ao parque do xardín e a ver os xifos ao estanque. Na biblioteca coñeceron unha chea de clases de libros e lle contaron un conto moi animado. Logo fomos para a panadería na que o pasaron pipa amasando e facendo mil e unha formas co pan, que si caras, flores, corazóns, empanadillas, mini-pizzas... Antes de saír os invitaron a un cacho de pan de manteca e, mentres se facían as súas obras de arte no forno, aproveitamos para xogar un pouco na tan desexada "Plazuela". De volta ao cole xa viñan un pouco mais cansos, aínda que non é de estrañar coa mañá tan axetreada que tiveron.
Aquí vos deixo un vídeo coas fotos da saída, a canción é a que traballamos para o Día do Libro.

jueves, 25 de abril de 2013

Primeiros brotes

Xa temos os primeiros brotes das semillas que plantamos a semana pasada!! A algunhas aínda lles falta un pouco xa que o fixemos en diferentes días, pero qué ganas de ver todas as macetas con flor!!




Hoxe nos dedicamos gran parte do día á pintura de dedos, por iso mais de un seguro que foi con algunha mancha para a casa. Pero é que tíñamos que rematar varias das manuallidades pendentes, jeje.
Recordade que mañá os peques non teñen que traer merenda.


miércoles, 24 de abril de 2013

23 de Abril: Día do libro

Para conmemorar este día no cole, elaboramos uns marcapáxinas de elefantes para evitar perdernos si deixamos unha lectura a medias...jeje Cada peque trouxo un conto da casa que lle contou ao resto dos seus compañeiros "a súa maneira", claro!!
Tiña un vídeo deles preparado, pero non ten ganas de funcionar, así que teremolo que deixar para outra ocasión :(








Ademais, tivemos a Anxo de cumple que nos invitou a unha riquísma tarta de chocolate...mmmm!!


lunes, 22 de abril de 2013

Cumple Cris

Hoxe tivemos de cumple a Cris que xa cumpliu 4 aniños. Invitounos a un bizcocho de chocolate boísimo, aínda que a eles o que mais lles gustou era os corazóns comestibles que traia por encima, jeje.
Recordade que mañá celebraremos no cole o Día do libro, polo que cada neno/a deberá traer o seu conto favorito para ensiñarllo aos demais.


domingo, 21 de abril de 2013

Paxariños

Esta semana fixemos uns paxariños moi coloridos para decorar a aula. Ademais resultáronnos moi sinxelos, xa que para facer o corpo empregamos pratos de papel que só tivemos que dobrar ao medio, picamos o pico, as patas e recortamos as alas nunha goma eva brillante que nos encantou, pegámolos ollos e unhas plumas e... voilá!! Este é o resultado!!

miércoles, 17 de abril de 2013

Dando cor ao cole!!

Hoxe tocou xardinería ao completo. E é que tiñamos a entrada do cole un pouco sosa así que, entre todos, plantamos uns xazmíns e unhas petunias nuns maceteros chulísimos. O primeiriño foi encher ata a metade os maceteros, axudados polas palas do areeiro, logo puxémolas plantas e recheámolos ocos con mais terra. Mañá teremos que regalas e , a ver si cun pouco de sorte, nos aguantan moito tempo, jeje.


sábado, 13 de abril de 2013

Molinillos

Esta semana estivemos pintando nunhas cartulinas o que serán uns futuros molinillos. Aínda nos falta darlle un pouquiño de cor polos bordes, pero a ver si para a semana os rematamos e podemos desfrutar deles (tendo en conta que o tempo acompañe, claro!). 

jueves, 11 de abril de 2013

As nosas plantas

Pois debido a que é imposible plantar algo no exterior co tempo marabilloso que estamos a ter, hoxe tocou plantar no interior nas nosas propias macetas. Só o fixeron unha parte da clase, xa que os outros estiveron un pouco revoltos dende pola mañá. De tódolos xeitos, non van quedar sen a súa planta, senón que nos vindeiros días tamén lles tocará taller de xardinería. Aquí vos deixo as fotos do primeiro grupo, agora so hai que esperar a que empecen a xerminar!!







Visita de Fefa

Onte os peques tiveron unha visita moi especial, tratábase de Fefa, un cachorriño que quixo vir ata o cole para coñecer aos nenos. E eles, como non, encantados de poder estar con el e de darlle de comer. O que mais repetían era : "Pero que mono!!" jeje

sábado, 6 de abril de 2013

Xa chegou a primavera!!

Xusto antes do remate do segundo trimestre, comezou esta nova estación. E é que todos a estabamos esperando con moitas ganas xa que xa estábamos un pouco cansos de non poder saír ao patio. Por iso, esta semana comezamos coas primeiras manualidades para decorar a aula cun pouco de cor. Aquí vos deixo o avance do mural que imos facer, para o cal só empregaremos as estampacións das nosas mans...


Pizzeros

Esta semana os peques convertéronse en pequenos pizzeros e, a verdade, é que tiñan bastante maña. Empregamos diversos ingredientes, aínda que os mais reservados no momento de comer quitaron os champiñóns e as olivas, jeje. De tódolos xeitos como a experiencia resultou tan boa seguro que repetimos antes de finalizar o curso. Aquí vos deixo un vídeo coas fotos.

viernes, 5 de abril de 2013

AVISO

Dende hoxe e ata o día 17 está aberto o plazo de admisión de alumnado para o curso 2013-2014. Débese presentar:
- Fotocopia do libro de familia.
- Modelo de solicitude cuberto, que ben se pode recoller no centro ou imprimilo directamente dende este enlace ANEXO II: Solicitude de admisión