miércoles, 31 de octubre de 2012

Nova receita terrórifica!!

Hoxe tocou... arañas!!! iso si, moi apetitosas xa que estaban feitas de cousas doces...mmmmm que rico!!!
E tiñades que ver como relambían os dedos do sirope...jejeje





Lectura a escuras...

Hoxe limos un conto, pero non un conto calquera, senón que para poder lelo tivemos que poñer a clase totalmente escura, nin luces, nin ventás... Todo, todiño apagado, pero mereceu a pena porque a eles lles encantou!! Ademais era de adiviñas de personaxes do Samaín, que mais podíamos pedir? Mirade unha das páxinas do libro, a que é unha chulada??

martes, 30 de octubre de 2012

Minis cabazas

Xa temos rematadas unhas cabaciñas que comezamos a semana pasada. As fixemos con arcilla e gustoulles moito iso de amasar e amasar. Mirade, mirade...

1. Facemos unha boliña ben consitente.





2. Amasamos ben para que quedase como unha empanada. Pero como non tiñamos os rodillos necesarios tivemos que improvisar e ao final... con pegamentos!!








3. Cortamos cos moldes e retiramos o que non sobra.





4. E, xa para rematar, pintamos e decoramos con purpurina.





Fichas para esta época...

Como non podía ser doutro xeito, estes días non nos podemos esquecer de facer fichas co samaín polo medio...



lunes, 29 de octubre de 2012

Receitas terrórificas!!

Pois hoxe, como xa veriades, fixemos unhas escobas de bruxas, pero non para limpar a vasoira, senón para comer!!
Aquí vos deixo os pasos para que practiquedes na casa, aínda que estou segura de que eles mesmos volo explicarían ben...



1. Preparamos os ingredientes.





2. Cortamos as lonchas de queixo polo medio.




3. Unha vez ao medio, cortámolas en tiriñas.




4. Enroscamos o queixo ao pau de pan e...

domingo, 28 de octubre de 2012

Unha clase embruxada...

Mirade que bruxas fixemos no cole, leváronnos un pouco de traballo, pero o resultado mereceu a pena... Agora só falta asustar con elas!!! Aínda que xa van practicando.... vaia caras!!! E tamén uns morcegos chulisimos!! cando cheguen o luns ao mellor levan unha sorpresa de como está a aula...jejeje


Xogo samain

Bueno, como cada vez queda menos para que chegue o Samaín, aquí vos deixo un xogo no que os peques poderán colorear unha morea de imaxes desta data. Espero que lles guste.


miércoles, 24 de octubre de 2012

Xa temos 2 cabazas!

E vaia cabazas, quedaron alucinadas ao ver o grande que eran (sobre todo unha). Moitas grazas a mamá de Noa por traelas, só nos falta unha e o luns xa empezamos a baleiralas!! Se fora por eles, algúns xa comezaban hoxe...jejeje






Adeus Vermelliño!!!

Hoxe xa nos despedimos de Vermelliño, xa que se vai a ir do noso cole, pero dentro duns días virá un novo amigo ao que tamén lle teremos que ir dando de comer. Agora que xa se vai, aquí vos deixo a secuencia completa do seu crecemento.




lunes, 22 de octubre de 2012

Xa está chegando o Samaín

Para a semana xa chega o Samaín, polo que precisamos da vosa axuda. Esta semana xa estamos a facer algunhas manualidades para poñer a aula tal e como merecen estas datas, e para a semana abriremos algunha cabaza. 



Os que poidades, vos agradecería que nos trouxerades unha, pero con tres é suficiente, eh!!! Cando teñamos as tres xa vos aviso para que non traiades mais. Moitas grazas!!

..... MIL GRACIAS!!!!!!!

Glitter Words
[Glitterfy.com - *Glitter Words*]

sábado, 20 de octubre de 2012

Pinta que te pinta

Onte e antes de onte tocou dobre sesión plástica, e é que estamos confeccionando unha árbore coas súas follas do outono, así que tivémonos que poñer mans a obra pa tela lista, xa que para a semana tocarán manualidades do Samaín para ir decorando toda a aula...



jueves, 18 de octubre de 2012

Mariluz a avestruz

Esta é a nova canción que estamos a traballar (despois de ler o conto), así que tamén vola deixo por aquí que lles gusta moito e seguro que lles fai ilusión contarvos de que vai...jeje


miércoles, 17 de octubre de 2012

Como medra Vermelliño!!

Fai uns días vos presentamos a Vermelliño, cando chegou era pequeno, pero xa lle demos unha vez de comer e... vaia si medrou!! Aquí vos deixámola proba...



Letra C e letra D

Hoxe fixemos co noso corpo dúas letras novas, cada ve dásenos mellor...





lunes, 15 de octubre de 2012

Felix Baumgartner

E é que hoxe era inevitable non falar do tema... E non sabedes o impresionados que estaban!! Iso si apoiábano un montón e ata cando chegou á terra lle deron un aplauso enorme, xa parecían os da Nasa celebrándoo, jeje

                                

jueves, 11 de octubre de 2012

Setas de biscoito

... e non biscoito de setas!!! E é que houbo algún que outro peque que pensaba que coas setas recollidas onte íamos a facer un biscoito! Pero cando viron que as setas as fariamos cun biscoito de chocolate a cara cambioulles por completo!!jeje
Espero que vos gustasen!! Aquí vos deixo algunhas fotos...








BOA FIN DE SEMANA!!!

Setas rematadas

Bueno, como vos había prometido unha foto das setas cando estivesen rematadas, aí vai... Para a semana xa as veredes colgadas pola aula!


miércoles, 10 de octubre de 2012

Recollemos setas no patio!!

Xa que estivemos facendo unha manualidade de setas, hoxe seguimos un pouco co tema e saímos ao patio para ver si encontrabamos algunha e.. vaia sorpresa!! había unha chea delas!! algunhas mais grandotas, outras aínda pequeniñas, unhas brancas, outras marróns...