martes, 28 de mayo de 2013

Cumples rematados!!

Pois hoxe celebramos no cole o cumple de Iker, que xa ten 6 anos!!! E con el rematamos a tanda de cumples deste curso, así que ata o ano que ven non volveremos a ter sesións de tarta no cole... :( 
Moitas Felicidades!!


lunes, 27 de mayo de 2013

As nosas bandeiras

Cada vez estamos aprendendo mais cousas sobre Paul Klee. Xa sabíamos que cando comezou a pintar só o facía con lápiz, e hoxe descubrimos que foi nunha viaxe a Túnez cando descubriu unha morea de colores que o caiutivaron. A raíz de esto, estivemos vendo a bandeira de Túnez, así como a de Galicia e España e, xa de paso, elaboramos a nosa propia, cada cal mais orixinal, aquí volas deixo...



E seguen a chegar mais aportacións para o proxecto... moitas gracias!!!


Non me podo esquecer de contarvos que xa temos dúas crisálidas na aula!!!! O venres deixamos a un gusaniño de seda traballando nela, pero hoxe cando chegamos a sorpresa foi maior ao ver que xa había outro. 





martes, 21 de mayo de 2013

Experimentando

Para dar remate a todo o traballado da primavera, hoxe fixemos un experimento. Metemos uns claveles blancos en auga con colorante, uns con colorante azul e outros con colorante vermello. Aínda que xa todos intuimos o que vai a pasar, ata mañá non veremos os resultados, posto que necesitan 24horas para impregnarse do tinte, polo que mañá xa poñerei foto de cómo quedaron! de momento, así van...


Por outro lado, xa comezan a chegar as primeiras cousiñas de Paul Klee, moitas grazas pola vosa colaboración!!! Hoxe os peques xa aprenderon que naceu en Suiza e que os seus pais eran músicos, aínda que a favorita da familia era a avoa, xa que lle regalou unha caixa de pinturas cando tiñan catro anos.



jueves, 16 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

Mañá conmemórase en toda Galicia o Día das Letras Galegas, nos hoxe fixémolo no cole adicándolle parte do día a Roberto Vidal Bolaño, aprendemos as cousas mais importantes da súa vida como que naceu en Santiago, que tiña unha irmá pequena e que lle gustaba moito traballar no teatro, cine e televisión. Como na maioría das fotos ten unha caricaturaxe particular, decidimos converternos nós tamén en Vidal Bolaño por un día...














Tamén aproveitamos a pantalla dixital para facer unhas actividades de Roberto sobre a súa visa e os seus poemas. Se clicades na imaxe accederedes a elas que, aínda que xa as fixeron no cole, coa ponte de choiva que nos espera ao mellor algún quere repetir...



Por outro lado, hoxe comezamos novo proxecto. E é que dende onte estivemos falando dun tal Elmer que ninguén coñecía e hoxe descubrimos que se trata dun elefante de cadros multicolor. Despois de ler o conto, propuxemos un xogo, a ver quen era capaz de atopar pola aula algo que tivese os cadros multicolor de Elmer. Os peques
rápido se deron conta que nas gabetas e nos percheiros as había, pero non eran iguales, xa que eses son dun pintor chamado Paul Klee ao que lle "copiaron" a idea. Agora, sabendo todo isto, aos peques entroulles a intriga de aprender mais cousiñas sobre este pintor, por iso precisamos da vosa axuda.

E, non nos podemos esquecer, de que hoxe foi o cumple de Ingrid, quen nos invitou a unha rica tarta, moitas felicidades!!




miércoles, 15 de mayo de 2013

Biscoito de chocolate

Hoxe elaboramos entre todos un rico biscoito de chocolate, e é que neste remate de curso vamos a facer uns cantos Talleres de cociña para chegar ao verán cun bo tipín, :)
Aquí vos deixo detallados os pasos por se o queredes facer na casa, xa vos aviso que non é difícil que para facelo eu...jeje.







martes, 14 de mayo de 2013

Peques agricultores

Hoxe tocou cultivar no nosa horta, e a verdade é que os peques non o fixeron nada mal. Xa temos pementos, tomates, xudías e leituga!! Agora so queda que nos vaian arriba, jeje. Dar as gracias a Charo, por prepararnos a terra na que so tíñamos que facer o burato e plantar.
Non hai moitas fotos, xa sabedes que a cámara e a terra non son moi compatibles...


lunes, 13 de mayo de 2013

Ultimamente...

Tedes que perdoar polas poucas actualizacións destes últimos días, pero é que ando metida en varios cursos e as horas non dan para mais... :(
A semana pasada colgamos so nosos molinillos pola aula, que por fin están rematados!!




Hoxe contamos os gusanos de seda que tiñamos, posto que despois da fin de semana hai que limparlles a caixa e votarlles comida nova e temos a friolera de... 107 gusaniños!!!!! Aquí vos poño unha foto onde, aínda que pareza imposible, están todos!!


E, aproveitando que os temos na aula, que menos que facer algunha manualidade no seu honor...jeje

miércoles, 8 de mayo de 2013

Visitantes particulares!!

Dende o luns temos na clase uns novos compañeiros, aínda que son un pouquiño especiais... son gusaniños de seda que van a quedar na aula para que lles demos moito de comer. Cando xa estean o suficientemente grandotes decicáranse a elaborar o seu capullo no que permanecerán ata que saían convertidos en bolboreta. Algúns xa están algo crecidiños, pero outros aínda teñen que comer moitas follas de moreira!!!


domingo, 5 de mayo de 2013

Feliz día a todas as mamis!!!

Pois aproveito esta entrada no blogue para felicitar a todas as mamás, que hoxe é o seu día. Espero que vos gustara o regalo dos peques, e tamén  espero que o abrísedes hoxe, eh!! sen facer trampas... ;)
Eles o pasaron pipa facéndoo, e cando viron o resultado quedaron moi sorprendidos do ben que lles quedara; pero para iso estiveron o xoves e o venres traballando arreo para que estivese listo a tempo!! 


Por outra banda, o luns e o martes dedicámolos a confeccionar o noso propio maio, que quedou ben chulo!! Moitas grazas a todos por axudarnos coas margaritas, fiuncho e ovos...!!! Aquí vos deixo o vídeo de como o foron facendo pouco a pouco.