viernes, 27 de septiembre de 2013

Esta semaniña...

Bueno, antes de nada, desculpade por tervos algo abandonados, pero é que ultimamente o tempo non me chega a nada...
Aquí vos fago un pequeno resumo de como foi a semana, comezamos a falar da nova estación "o outono" lendo un conto e vendo certos cambios que se producen no ambiente, os mais peques están a practicar o número un; e os maiores fixeron actividades de repaso de letras como engadir letras que faltan, dicir por que letra comezan determinadas palabras, sopas de letras, ordenar letras para formar palabras... en fin que pouco a pouco van collendo a rutina de traballo.
Ademais, estamos elaborando as normas da aula, pero este ano en lugar de ser debuxos, serán fotos deles mesmos cumpríndoas. Cando estean rematadas volas irei colgando para que as vexades.
E, tivemos ás tortus polo chan correteando un pouquiño, aínda que non a todos lles facía a mesma gracia...jeje
Tamén rematamos de pintar o pingüíno Sadurniño, para a semana faremos as letras do nome...














Aquí os mais peques traballando...














Xogos na pantalla dixital...


lunes, 23 de septiembre de 2013

Profe inglés

Hoxe xa tivemos a nosa primeira clase de inglés, nela coñecemos á nova profe que se chama María e que virá os luns de 09:00 a 10:00 horas. Fixemos un montón de xogos de saudar, cores... que aos peques lles encantaron. E tamén tivemos a Anxo de encargado cunha capa máxica.




domingo, 22 de septiembre de 2013

Presentación...oficila!!

A verdade e que co axetreo dos primeiros días o blogue está sen moitas actualizacións, pero esperemos que para a semana poidamos ir colgando mais cousiñas e mais a miúdo.
Comentarvos que temos profe nova de inglés, chámase Mari Carmen e ven dun cole de Marín, nun principio o seu horario vai a ser distinto do que vos din fai uns días, pero como aínda non está fixo, vos informo ao longo desta semana.
Por outro lado, me imaxino que os peques vos intentarían cantar a canción do noso pingüino Sadurniño, non?? E é que estes días estamos pintando un a tamaño grandote que vos ensinaremos cando estea rematado, así como tamén seguiremos practicando a canción para que vola poidan cantar enteiriña na casa.
E, bueno, para rematar, aquí vos deixo a presentación (que aínda non estaba feita) dos pingüis...
Vémonos mañá!!

martes, 17 de septiembre de 2013

Os primeiros días de cole...

Aquí vos deixo un resumo dalgunhas das cousas que fixemos estes días. Hoxe os peques coñeceron á profe María, que será a que traballe con eles Audición e Linguaxe; e, onte, coñeceron a Loli a orientadora.
Mañá os de tres xa farán xornada completa, así que xa empezaremos a facer mais cousiñas... Ata o momento aquí queda unha mostra...jeje

Xogamos na aula...


















Merendamos...















Saimos ao patio...


















Pintamos cos dedos...

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Arrincamos!!

Pois hoxe comezou para os peques o novo curso 2013-2014; este ano somos 13 nenos/as na clase doa pingüis!! Si, si, este ano viviremos no mesmisimo Polo Norte!!
E, bueno,  chegaron cunha morea de cousas que contar... que si a plaia, a pisci, as festas e, por desgracia, os incendios! :( ademais, xusto antes de rematar a mañá,  tocou sesión de helicópteros sobrevoando o cole...e eles encantados gritando a ver si tamén lle votaban a eles unha pouquiña auga!
Por outro lado, xa coñecemos aos novos compis que o levaron xenial para ser o seu primeiro día no cole "dos maiores", jeje
Xa hai as primeiras fotos deste día,  pero case vamos a esperar a ter todas as autorizacións para poñelas.
Espero que mañá volvan coas pilas igual de cargadas!!