martes, 27 de diciembre de 2011

jueves, 22 de diciembre de 2011

Panxoliña de Nadal

O prometido é deuda, aquí vos deixo a nosa panxoliña de Nadal, desexando que vos guste moito e que pasedes unhas moi felices festas. Agradecer toda a vosa colaboración, así como a axuda dalgúns profes cos arreglos musicais!
Espero que vos guste!!


Visita do Paxe Real

Onte tivemos unha visita moi especial, o Paxe Real veu ao cole a recollernos as cartas para darllas aos Reis Magos, algúns tíñamos un pouco de "vergoña" e nin nos achegamos a él, outros démoslle un bico e todo. Agora só esperamos que lle entregue a carta aos Magos de Oriente para que o día 6 teñamos todo o que desexamos!!
Aquí vos deixo as fotos!!

BO NADAL

miércoles, 21 de diciembre de 2011

ollo!!

Estade pendentes do blog, porque en breve colgarei a nosa particular panxoliña, xa estou rematando de montala!!jeje

martes, 20 de diciembre de 2011

Mural de Nadal

Mirade que mural máis bonito temos no cole, o fixemos entre todos os cursos, hai de todo, podemos atopar dende adiviñas navideñas ata os nomes dos renos!!


E esta foi a nosa aportación...

 


domingo, 18 de diciembre de 2011

Estreliñas recicladas...

Mirade que estrelas máis chulas para o Nadal. Están feitas aproveitando os tapóns que xa non vamos a empregar, neste caso son os do leite, pero fixo que con tapas de colores tamén quedarían moi ben, anímadevos a probar na casa!! E nin que decir queda que, ao pasar estas datas, os tapons irán para Aitana!!



jueves, 15 de diciembre de 2011

Adiviña, adiviña...

Mirade que flexibilidade temos!! Hoxe estivemos facendo as vogais nun tamaño un pouco máis grande do habitual! A ver se sabedes cáles son...



martes, 13 de diciembre de 2011

Carta aos Reis Magos

Bueno, aquí vos deixo un enlace no que poderedes crear unha carta personalizada para o voso fillo/a, me imaxino que algúns xa o coñeceredes, pero para os que non anímovos a probalo, seguro que aos peques lles encanta!!!

O Apalpador

Hoxe estivemos lendo o conto do Apalpador, seguro que moitos non o coñecedes... nos volo presentamos!!
O Apalpador vive no Courel dende hai moitos anos, pasa o día a apañar madeira como cando era carboeiro, no outono tamén vai ás castañas e así pasa un día tras otro, un día tras outro... Pero polo Nadal baixa a todas as casas de Galiza cunha morea de agasallos para repartir. Anton a Antia non queren ir para a cama para velo, aínda que saben que se non se deitan o Apalpador non virá. Con coidadiño, para non os espertar, o Apalpador aloumíñalles as barriguiñas para ver se están ben mantidos e, coma os dous nenos cearan de abondo, dilles moi baixiño "Así, así esteades todo a ano!". E deixalles unhas castañas na mesiña de noite e uns agasallos agochados por toda a casa, para cando se levanten teñan que xogar a atopalos.
E colorín, colorado...

lunes, 12 de diciembre de 2011

Taller de estimulación á linguaxe

Hoxe no taller de estimulación á linguaxe estivemos traballando o sopro. Pero non un sopro calquera, senón o sopro suave. Para esto nun vasiño de plástico botamos unha gota de xabón e unha pouca auga, collemos unha palliña e a soprar, pero con moito coidado, porque tíñamos que formar un xeado sen que se nos derramase pola mesa... Era un pouquiño difícil, aínda que nos saíu moi ben!!
Podedes poñelo en práctica na casa, seguro que o pasan tan ben como o pasaron hoxe no cole!!

Un compañeiro un tanto especial...

Mirade o que nos atopamos hoxe cando saímos ao patio... sí, sí, como o vedes, é unha cabeza dalgún peixiño. Vese que a algunha gaivota non lle gustou moito...



Traballiños de outono...

Aínda que xa fai algúns días que fixemos estas follas, aquí vos deixo os resultados para que vexades o ben que nos quedaron.



   
                                                

martes, 6 de diciembre de 2011

Outro enlace

Aquí vos deixo outro enlace que lles ben moi ben agora que estamos empezando coa lectoescritura. Ata ten para facer a propia ficha do neno/a... Espero que lles guste!!


domingo, 4 de diciembre de 2011

O Rato Perez

O outro día Manuel nos trouxo ao cole unha moeda que lle había deixado o Ratiño Perez ao caerlle un dente. Pero non é unha moeda calquera, é unha moeda personalizada!!! Aquí vos deixo as fotos para que a poidades ver.


Manualidades para o Nadal

Bueno, como xa sabedes polos peques, cada día falta menos para o Nadal. No cole estamos xa pensando en posibles manualidades polo que precisamos da vosa colaboración. Necesitamos reunir cápsulas de café valeiras, as ideais son as da cafetera Nespresso. Os que as teñades vos agradecería que nolas mandasedes para o cole.
Moitas grazas!!

Aquí vai a canción que aprendemos da letra "U"