domingo, 30 de septiembre de 2012

Para a semana.... vendimia!!!

Esta semana traballaremos un pouco sobre a vendimia e, tamén, faremos o tan esperado mosto. Avisareivos o día antes para que lles mandedes unha roupa mais de trote!!


Feliz cumple Noa!!!

O venres celebramos na aula o cumple de Noa, que xa ten 4 aniños!!! Merendamos tarta e zumes e, como non, sopramos a vela!! Que ben o pasamos!!




miércoles, 26 de septiembre de 2012

Un xogo para o Outono

Como xa non cabe dúbida de que o outono está aquí, deixolle para os peques un xogo online desta estación, para traballar vocabulario e moitas mais cousas... Espero que lles guste!!!

lunes, 24 de septiembre de 2012

Un novo amigo

Hoxe visitounos no cole un novo amigo, chámase "Amarelete" e vai a quedar con nós uns cantos días. O único que nos pide é que lle deamos de comer pero, claro, non come de todo, só come cousas de cor amarelo. Xa vos iremos contando como vai o seu proceso de crecemento...


domingo, 23 de septiembre de 2012

Manuelita e Flora

Eses son os nomes das nosas mascotas de aula, despois dunha longa deliberación ao final decidimos, entre todos, que eran os que mais lle gustaban. O de Flora surxiu de eles mesmos, o de Manuelita despois desta canción...


Tamén tiveron os seus primeiros contactos con elas, algúns eran do mais atrevidos, pero outros tíñanlle algo mais de "medo"...










miércoles, 19 de septiembre de 2012

Dúas compañeiras novas

Hoxe fomos algún mais na aula, e é que temos dúas novas compañeiras!! Aínda non vos podemos dicir como se chaman, porque hai diversidade de opinións... pero mirade o atentos que estiveron mirando cada movemento que facían!!


martes, 18 de septiembre de 2012

Sesión de plástica

Aquí vos deixo unhas fotiños do ben que o pasaron recortando e pegando, tanto se emocionaron que medio chan quedou cuberto de papeliños...


lunes, 17 de septiembre de 2012

Letra A

Hoxe comezamos a traballar un pouquiño coas letras e, como non, a primeira que vimos foi o A. Había unha poesía dunha araña e un cempés, así que despois de ver todo tipo de arañas en internet investigamos polo patio e Anxo atopou un burato por onde saían un montón delas...



viernes, 14 de septiembre de 2012

Pomelo

Que? non me diredes que hoxe os peques non vos falaron de Pomelo?? Seguro que si, e a que vos dixeron que era un elefante de cor rosa que tiña moitas dúbidas por estar crecendo??
Este foi o conto que limos hoxe e, despois, pintamos ao noso propio Pomelo, e como non tiñamos a pintura adecuada mesturamos vermello e branco e.... maxia!!
Estes días estamos a votar de menos a Ingrid que está algo pachucha e non está vindo ao cole, esperemos que pronto se poña boa!!!





jueves, 13 de septiembre de 2012

Comezamos a traballar

Pois hoxe xa tocou un pouco de traballo sentados, que non todos os días son festa!!!
E aproveitando que na asemblea falamos de todo o que fixeron no verán, que menos que deixar un recordo por escrito!!
Por certo, xa me diredes cal é esa praia na que a auga está sempre quente!!!jeje








miércoles, 12 de septiembre de 2012

Canto fixemos para ser o primeiro día!!!!

Contaríanvos os peques o ben que o pasaron, non?? Algún so o feito de non ter que facer ningunha ficha xa o tivo contento para o resto da mañá, jeje
Bueno aquí vos deixo as primeiras fotos do curso...

 

 

 




Cliqueando nas imaxes podédelas ver máis grandes!


martes, 11 de septiembre de 2012

O noso cole

Pois aquí vos deixamos unha foto para que coñezades o noso cole, mañá nos presentaremos nós!!



lunes, 10 de septiembre de 2012

Comezamos...!!!!

Cada vez queda menos, e o vindeiro día 12 xa comezamos!! E, como non, témonos que presentar.... Somos os nenos e nenas da EEI de Santo André de Cesar de 3, 4 e 5 anos os que este ano deixaremos por aquí todas as nosas vivencias e experiencias da aula!!
Cristina
Gabriel
Xurxo
Noa
Sabela
Ingrid
Hugo
Anxo
Alex
Iker

domingo, 2 de septiembre de 2012

Volta ao cole!!!!

Bueno, aínda que aos peques lles quedan uns días mais para disfrutar das vacacións, os maiores xa nos incorporamos mañá mesmo, e é que hai que preparar todo o curso que ven por diante...!!
Aínda que este ano os peques e artistas serán diferentes, xa sabedes que me podedes seguir escribindo canto queirades!!!
Po certo, os xirasois, chegaron a medrar moito???
Espero que aproveitedes estes últimos diíñas!!
Un saúdo para todos,
Alexia