Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de diciembre de 2012

...canto falta?

Xa temos controlada a chegada de Papa Noel, e é que temos o calendario de conta atrás, aínda que bueno o noso esta algo mais colorido... Así ao chegar pintamos o día que é hoxe e contamos cantos faltan para que chegue, unha boa forma coa que tamén aproveitamos para traballar as mates. Aquí vos deixo unha copia por si queredes facelo tamén na casa.

jueves, 5 de enero de 2012

Noite de Reis

Por se hai algún despistado... xa está aquí a tan desexada noite de Reis!! Espero que os peques fosen moi bos nestas vacacións e que teñan a carta escrita e máis que enviada aínda que, por se acaso, aquí vos deixo un modelo para que poidades cubrila con eles!


martes, 27 de diciembre de 2011

jueves, 22 de diciembre de 2011

Panxoliña de Nadal

O prometido é deuda, aquí vos deixo a nosa panxoliña de Nadal, desexando que vos guste moito e que pasedes unhas moi felices festas. Agradecer toda a vosa colaboración, así como a axuda dalgúns profes cos arreglos musicais!
Espero que vos guste!!


Visita do Paxe Real

Onte tivemos unha visita moi especial, o Paxe Real veu ao cole a recollernos as cartas para darllas aos Reis Magos, algúns tíñamos un pouco de "vergoña" e nin nos achegamos a él, outros démoslle un bico e todo. Agora só esperamos que lle entregue a carta aos Magos de Oriente para que o día 6 teñamos todo o que desexamos!!
Aquí vos deixo as fotos!!

BO NADAL

martes, 20 de diciembre de 2011

Mural de Nadal

Mirade que mural máis bonito temos no cole, o fixemos entre todos os cursos, hai de todo, podemos atopar dende adiviñas navideñas ata os nomes dos renos!!


E esta foi a nosa aportación...

 


domingo, 18 de diciembre de 2011

Estreliñas recicladas...

Mirade que estrelas máis chulas para o Nadal. Están feitas aproveitando os tapóns que xa non vamos a empregar, neste caso son os do leite, pero fixo que con tapas de colores tamén quedarían moi ben, anímadevos a probar na casa!! E nin que decir queda que, ao pasar estas datas, os tapons irán para Aitana!!



martes, 13 de diciembre de 2011

Carta aos Reis Magos

Bueno, aquí vos deixo un enlace no que poderedes crear unha carta personalizada para o voso fillo/a, me imaxino que algúns xa o coñeceredes, pero para os que non anímovos a probalo, seguro que aos peques lles encanta!!!

O Apalpador

Hoxe estivemos lendo o conto do Apalpador, seguro que moitos non o coñecedes... nos volo presentamos!!
O Apalpador vive no Courel dende hai moitos anos, pasa o día a apañar madeira como cando era carboeiro, no outono tamén vai ás castañas e así pasa un día tras otro, un día tras outro... Pero polo Nadal baixa a todas as casas de Galiza cunha morea de agasallos para repartir. Anton a Antia non queren ir para a cama para velo, aínda que saben que se non se deitan o Apalpador non virá. Con coidadiño, para non os espertar, o Apalpador aloumíñalles as barriguiñas para ver se están ben mantidos e, coma os dous nenos cearan de abondo, dilles moi baixiño "Así, así esteades todo a ano!". E deixalles unhas castañas na mesiña de noite e uns agasallos agochados por toda a casa, para cando se levanten teñan que xogar a atopalos.
E colorín, colorado...