miércoles, 30 de mayo de 2012

Rocas volcánicas no patio...

Estes peques son uns curiosiños!!! Levan un par de días poñendo o patio patas arriba na busca de rocas volcánicas. Algúns argumentan que poden ser do volcán que hai na Toxa e outros que, ao vendelas, se farán famosos!! Nin mais nin menos... Aquí vos deixo unhas fotos da súa busca, xusto debaixo da árbore de moreira que temos no patio; como veredes está implicada, practicamente, toda a clase!!

 

 

Unha mega telaraña!

Na sesión de alternativa estiveron facendo un xogo coa profe Silvia que acabou con todos eles facendo unha telaraña... menudo lío de fíos!!!

Premiada concurso portadas

Hoxe entregáronse os diplomas aos gañadores do concurso de portadas da Revista Literaria e, como xa saberedes, Valeria foi a gañadora do ciclo de infantil....

NORABOA!!!

martes, 29 de mayo de 2012

Na busca dun fogar

Hoxe limos o conto "Na busca dun fogar", no que os personaxes ían na busca dun novo fogar xa que o anterior lles quedaba pequeno. Para elo cruzaban duros e grandes obstáculos como o mar (que en realidade era un charco); unha montaña (que era un moble vello); un deserto (unha pouca area); un labirinto (que era unha lavadora); enfrontábanse cunha besta (un canciño)... e ata chegaban ao confín da terra!!!! 

O limonazo



Mirade menudo limón nos trouxo hoxe Luna da horta da súa avoa... Case non lles chegaba a man para collelo...

Dous mais...


Temos outros dous novos capullos, outro branco e outro amarelo, vese que este ano vailles o bicolor, jeje

lunes, 28 de mayo de 2012

Había unha vez unha Oruga

Hoxe estivemos lendo un conto moi relacionado cos bichiños que temos na aula, pero en lugar de vermes de seda, a historia ía de orugas. Xa se deron conta de que hai unhas pequenas diferencias entre ambos, aínda que o seu ciclo vital é case idéntico.

Ademais, xa temos os dous primeiros vermes no seus capullos, a sorpresa foi ao ver que un é de cor amarelo e outro branco!!

viernes, 25 de mayo de 2012

Sesión de cine e... palomitas!!!

Pois si, hoxe tivemos unha pequena sesión de cine na que, por suposto, non podían faltar as palomitas!! Por iso durante toda a mañá estivemos facéndoas para que estivesen listas para ver unha peli. Mirade o ben que o pasaron...







 












Aquí vos deixo un vídeo de como se facían, parecían fogos artificiais!!!


miércoles, 23 de mayo de 2012

... boísimas as fresas!!

Todos os que querían xa probaron as fresas, incluso xa están repetindo, a pena e que non teñen pinta de que nos vaian a dar moitos mais froitos, así que teremos que saborear as últimas que nos quedan...


  



Marcos ao principio non quería, pero como vedes non se puido resistir...

Letra "f"

Como xa saberedes, acabamos o segundo libro e comezamos a traballar coa letra "f", cada vez quédannos menos, que emoción!!
Pois limos o conto da "f", onde tres fantasmas viñan ao xardín das letras para poder quedarse e Aurelio lles axudaba creándolles unha casa á que non lle faltaba de nada.

Fichas letras "y" e "f"

Xa están subidas algunhas fichas destas letras. Aquí vos deixo o enlace para os que esteades interesados/as.

miércoles, 16 de mayo de 2012

BOA PONTE A TOD@S!!!

17 de maio

Mañá celebráse o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Valentín Paz Andrade, aquí vos deiso un pouquiño da súa vida para que o coñezades mais...



OLA! SON VALENTÍN PAZ-ANDRADE. NACÍN EN LÉREZ NO ANO 1898. LÉREZ ESTÁ EN PONTEVEDRA E DÁLLE NOME AO RIO QUE PASA POLA CIDADE.TIVEN MOITAS PROFESIÓNS: POETA, AVOGADO, XORNALISTA, EMPRESARIO E POLÍTICO. ESCRIBÍN EN MOITAS REVISTAS DEDICADAS A TEMÁTICA DO MAR. E ADEMAIS FUN VICEPRESIDENTE DE PESCANOVA.

Gusanos de seda

Bueno, pois durante esta ponte son todos vosos....jeje 
Solo recordarvos que o único coidado que necesitan é votarlles de comer, só comen follas de moreira, podédelas conseguir pola Toxa. Cando os quierades cambiar, pódeno facer eles sós, xa son todos uns expertos!!!

martes, 15 de mayo de 2012

Un libro

Hoxe limos "Un libro" na aula, e nunca mellor dito, xa que este era o título do conto que limos, gustoulles un montón e pasárono pipa!! 
Círculos amarelos, vermellos e azuis se desdobraban, cambiaban de lugar, colocábanse en fila, medraban... Ata están a punto de caerse polo borde do libro ou voar ata desaparecer, para isto tiñamos que frotar, apertar, soprar ou axitalos.




lunes, 14 de mayo de 2012

Letra "y"

Xa vamos na "Y"!!! como vedes fáltanos pouquiño para acabar, hoxe comezamos a última letra do segundo libro. 
Para isto limos o conto do rei "Yolo" que ía a visitar ao seu irmán maior, pero tiña un problema e é que a súa egua quedou ferida ao meter a pata nun burato. Así pois, Aurelio preparoulle un remedio caseiro con flores de "y", iogur e a xema dun ovo para que puidera volver a correr coma un raio!!


viernes, 11 de mayo de 2012

Bombons de chocolate...

RECEITA
Ingredientes:
- Chocolate branco e negro
- Arroz inflado

Preparación:
1. Organizamos os ingredientes que vamos a empregar.
Partimos o chocolate e votámolo no recipiente.

2. Derretemos o chocolate a baño maría, cando está listo engadímolo nos moldes e decoramos con arroz inflado.

3. Despois de deixar en repouso un par de horas no frigorífico, xa están preparados para servir. Ah!! tamén hai que limpar os restos...

Seguimos probando fresas...

Estes foron os afortunados de hoxe...



jueves, 10 de mayo de 2012

Fichas letra "ñ" e "v"

Como xa estamos a piques de rematar a letra "v", vos deixo aquí algunhas fichas para practicar, tamén están as da "ñ" que vimos a semana pasada.

miércoles, 9 de mayo de 2012

As primeiras fresas!!

Hoxe recollemos as nosas primeiras fresas... O problema é que ao ter unha hortiña tan pequena non as puidemos probar todos, pero non preocuparse porque cada día iremos recollendo as maduras e iranas probando os que as queiran (algúns xa me comentaron que non lle gustan...). Aquí van as primeiras en degustalas, a súa cara dio todo...





...mmmmm que boas están!!

Vermes de seda

Como podedes ver os nosos inquilinos non paran de comer e, claro, seguen medrando e medrando. Dende que saíron dos ovos ata agora o cambio foi moi grande, algúns xa nos miden 3 centímetros!!



domingo, 6 de mayo de 2012

sábado, 5 de mayo de 2012

Azucarillos de cores

Onte estivemos experimentando un pouco a nosa nova faceta de cociñeiros e preparamos uns ricos azucarillos de cores, o modo de preparación é o seguinte:

Ingredientes:
- 250 gramos de azucre  
- unha cucharadiña de auga
- unhas gotas de colorante


Preparación:
Mesturamos ben todos os ingredientes, ata que quede unha textura como de area mollada. Introducimos o azucre en moldes aptos para microondas, apretando ben para que non nos queden ocos. Quentamos no microondas sobre uns 30 segundos. Deixamos enfriar uns minutos, desmoldamos e listos para servir!!

Aquí vos deixo o proceso en imaxes...


jueves, 3 de mayo de 2012

Bingo Maio

Bueno, como o mes pasado xa non puidemos botar a nosa partida mensual, aproveitamos a primeira semana de Maio para facelo, e a gañadora foi...



       ...Emma!!
       noraboa!!!!!!

martes, 1 de mayo de 2012

Campionato de futbolín

Onte, como non puidemos saír ao patio, fixemos unha pequena competición de futbolín, e pasárono pipa...