viernes, 29 de noviembre de 2013

Mini-magdalenas

Pois hoxe, despois de varios despistes da profe, por fin os peques puideron facer magdalenas!! A experiencia encantoulles, aínda que sen lugar a dúbidas, o que mais lles gustou de todo, foi traballar coa "plasti que se come" como é coñecida por eles!! Témoslle que dar as gracias á mamá de Noa García que nos prestou cortadores e fondant.
Aquí vai un vídeo da preparación, primeiro facemos a masa das magdalenas, fundimos chocolate, decoramos, fondant e... voilá!!!
Agora só espero que estivesen ricas!! :)


Por outra banda, informarvos de que o domingo haberá unha actividade no auditorio para os mais peques. O seu título é "A nena e o grilo nun barquiño", a entrada é gratuíta e será ás 18:30.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

No que vai de semana...

Aquí vos fago un resumo do que levamos de semana, xa sabedes que ultimamente ando un pouco a mil e esa é a razón pola que non actualizo diariamente.
Primeiro aquí vos deixo un vídeo coa profe de inglés, é unha canción dos colores que levan traballando dende o inicio do curso, así se queredes cantala con eles... non hai escusa, jeje


Por outra banda, seguimos pintando os continentes. Xa temos África, Asia, Oceanía e Europa, nestes dous días que quedan remataremos con América e os colocaremos no corcho. Aínda que mañá non sei se nos dará tempo a facer moito, xa que temos un taller de cociña pendente, que a cabeza da profe esqueceuse os papeis par as madalenas... ;(


Tamén estamos participando nun concurso cos Bolechas, os peques teñen que debuxar o seu cole. Levamos dende a semana pasada sen conexión á impresora, así que aínda o temos sen comezar e o prazo acaba o 30, esperemos que entre mañá e pasado o poidan arranxar (só por participar nos agasallan cun caderno por neno/a).
E, por último, ata a semana que ven estaremos sen teléfono no centro, debido a unhas actualizacións que van a facer, desculpade as molestias!!

viernes, 22 de noviembre de 2013

Os 5 continentes

Xa dende a semana pasada, os peques están seguido a falar dos países e co globo terráqueo a voltas, así que esta semana decidimos traballar "moi por encima" os cinco continentes. O primeiro que estamos facendo é pintar os continentes para poñelos ao largo do corcho da aula e podelos visualizar mellor, África foi o escollido polos nenos para comezar, o seguinte e Asia que xa o temos preparado para pintar; cando os teñamos todos comezaremos co proxecto... creo que vamos a aprender moito con todo isto!!

Magosto

Bueno, mais vale tarde que nunca, aquí van as pouquísimas fotos que teño do magosto que fixemos i venres da semana pasada no cole. Agradecer á mamá de Noa e ao papá de Cristina que nos axudaron coas brasas.


jueves, 14 de noviembre de 2013

Preparando o magosto

Esta semana estamos traballando o tema do magosto que, mañá, celebraremos no cole. Para isto, vimos o conto de María a castañeira e estamos confeccionando a nosa propia nas horas de plástica. Tamén preparamos os cestiños que mañá nos servirán para poñer as castañas mentres enfrían para comelas. Aquí van os peques nas diversas manualidades...


E, aquí, o vídeo do conto de María a castañeira, o son non é moi bo, xa que é creación duns nenos de outro cole, pero si algo non entendedes preguntádelle a eles, que están de volta e media, jeje.

Cabaciñas

Pois unhas das cousas que non podía faltar no Samaín, era crear as nosas propias cabazas, aínda non puxera ningunha foto, así que aquí vos deixo un collage con varios deses momentos.





E, aquí, os antifaces de cabazas que eles mesmos decoraron...


miércoles, 13 de noviembre de 2013

Vídeo Samaín

Bueno, despois de certo tempo sen novidades polo blog, a partir de hoxe intentarei poñelo ao día por completo. Comezamos polo vídeo do día de Samaín, onde van fotos dos peques facendo a pócima e vestidos de bruxiñ@s!!
Perdoade a tardanza!!