viernes, 27 de abril de 2012

Maio rematado!!

E como todo Maio, non nos podíamos esquecer da copla !! É certo que a calidade da gravación non é de todo boa, pero si lla poñedes aos peques xa vola cantas eles mesmos!!





Época de maios...


Pois si, o martes que ven celebrase en moitos puntos de Galicia a festa dos maios e nos non queriamos ser menos...

Puxémonos mans á obra e fixemos, entre todos, un súper maio, este foi o proceso de creación...



miércoles, 25 de abril de 2012

Para escribir en pauta

Aquí vos deixo unha folla coa pauta coa que estamos a traballar na aula, así se un día queredes que vos escriban algo so tendes que imprimila. Hai algúns cadernos pautados que a traen moi pequena e á que eles aínda non están acostumbrados.


Novos inquilinos na clase

Pois si, o ano pasado gardamos os ovos dos vermes de seda, e onte puxémolos nuha caixa para que naceran, a sorpresa foi cando chegamos hoxe á mañan, xa que tiñamos unha morea de pequenos vermes deborando as follas de moreira, mirade, mirade...





lunes, 23 de abril de 2012

23 de Abril "Día do libro"

Hoxe, coa conmemoración do día do libro, fixemos algunhas actividades especiais, mirade, mirade...
A primeira, fomos á aula de tres anos a ensinarlles algún conto cantado que aprendemos coa profe Elena, e mirade que ben o fixemos, xa valemos pa profes...


A segunda, elaboramos uns marca paxinas, e é que agora que estamos aprendendo a ler, boa falta nos fan...


A terceira, viñeron dous nenos maiores a contarnos unha pequena fabula, que tiña unha "moraleja" moi interesante, mirade o atentos que estiveron...


E xa para rematar, limos o conto de "Camille y los girasoles" que como non, tiña de protagonista a Van Gogh...


Primeiros brotes

Hoxe cando chegamos á aula descubrimos que os xirasoles xa están comezando a brotar, que emoción!!



viernes, 20 de abril de 2012

Fichas letra j e b

A semana pasada vimos a letra "j", e hoxe comezamos coa "b", como sempre lendo o conto correspondente, pensando en palabras que conteñan esta letra, facendo a grafía no encerado...
Por iso aquí vos deixo algunhas fichas para os que queirades repasar un pouquiño con eles na casa. Como sempre, fixádevos ben en como realizan a grafía, porque si collen un mal hábito, logo é mais difícil corrixilos.

miércoles, 18 de abril de 2012

Quen é??

Pois sí, é Vincent Van Gogh, do cal levamos uns días a falar na clase. Todo surxiu despois da plantación de xirasois que fixemos a semana pasada. 


Presenteilles o cadro e conteilles un pouco por riba a súa vida, e non sabedes a boa acollida que tuvo entre os peques, de feito, ista foi a razón pola que decidimos profundizar un pouquiño mais na súa vida e obra.

Quérote xirafa...

Para os que non a poidades ver, aí vai a nosa nova porta, feito todiño por eles, se é que son moi artistas...
Que?? non me diredes que non lles quedou ben, eh!!!


sábado, 14 de abril de 2012

Ovos de Pascua

Que tal chegaron os ovos á casa?? gustáronvos?? a que cheiraban de medo?? agora comprenderedes porque os nenos se vían tan tentados a probar o rico chocolate...
Bueno, pois espero que chegaran ben e que vos gustara a idea, é moi sinxelo de facer e aos nenos encantoulles, así que en días de choiva como os de hoxe.... auga, chocolate e a pintar!!!
Aquí vos deixo unha fotiño de como deberían de haber chegado... : )


jueves, 12 de abril de 2012

Menuda canción...

Aquí vos deixo esta canción que está causando furor entre os mais peques, nin "Ai se eu te pego" nin nada, o que os está revolucionando é esta de Tin e Tina, que si a buscades en Youtube co nome do peque a cantarán co seu nome!!
Esta é a miña...


Témoslle que dar as grazas á profe Silvia que foi quen a descubriu!!

Letra J

Pois hoxe comezamos coa letra "j", lendo o conto correspondente. Resulta que Julieta, a muller de Aurelio non sabía onde se atopaba o seu marido, estivo buscando por todos lados ata que un xílgaro lle contou que estaba co rato Ramón e Rita a ratiña xunto co arbore da risa, os tres rían jajajajaja, jejejejeje, jojojojo, jujujujuju... Así que Julieta doulles un xarabe para que pararán de rir, aínda que non puideron deixar de ter unha pequena risiña jijiji....


miércoles, 11 de abril de 2012

De plantas iba a cousa...

Hoxe andivemos xardineando na clase, plantamos xirasoles, sandía, fresas... a ver se temos sorte e non sae algo, así poderíamos facer unha merendola todos xuntos!!
Hai unha morea de fotos, aquí vos deixo algunhas nun pequeno vídeo, espero que vos gusten...

O simulacro nos xornais

Aquí vos deixo o enlace do Faro de Vigo no que hoxe falan do simulacro que realizamos onte, a pena é que non inclúan tamén as imaxes que saen na edición de papel...

martes, 10 de abril de 2012

Ovos de chocolate

Coa volta da Semana Santa, hoxe aproveitamos para pintar uns ovos de Pascua, pero non cunha pintura calquera, non!! pintámolos con chocolate.... e non sabedes o ben que nos quedaron!!
Para isto tivemos que pasar por un duro momento ao non poder levalo para a boca, aínda que houbo algún que non puido resistir a tentación!!
Aquí vos deixo algunhas fotos para que poidades ver como foi o asunto...













Hola Margarita...

Mirade aquí vos deixo uns dos vídeos que estamos gravando na aula coa poesía da letra "r", como veredes aínda lles custa un pouco poñerse diante da cámara...


Simulacro!!

Si, si, hoxe tivemos un simulacro de incendio, soou a serea e fixemos a fila o mais rápido posible para saír para fóra. Tan rápido saímos que se nos esqueceu móbil e cámara e non puidemos fotografar a que se montou...
E é que ao pouco apareceron os bombeiros, a protección civil e a policía, quenes despregaron todos os seus medios pola zona. Ata tivemos dous feridos, non vos asustedes, que eran participantes do simulacro.
Tanto os sorprendeu, que xa saben todos o que queren ser de maiores........ BOMBEIROS!!!!
Estade atentos, que mañá, seguramente saiamos na prensa!!

 

lunes, 9 de abril de 2012

Mañá volta ao cole!!

Non vos esquezades de que mañá hai que volver ao cole, eh!! Espero que disfrutarades moito destes días de descanso e que os peques veñan coas pilas cargadas para o último trimestre do curso!!