miércoles, 30 de octubre de 2013

Bruxas e bruxos!!!

Bueno, como sabedes, hoxe no cole celebramos o Samaín, resúltame imposible poñer todas as fotos destes días, así que ata a semana non poderedes desfrutar delas... :(
Pero aquí vos deixo un adianto...
Boa ponte a tod@s!!!


lunes, 28 de octubre de 2013

O grito de Munch

O venres coñecimos esta obra de arte que pintou Edvard Munch chamada "O grito", xa que estamos co tema do medo a maioría das suposicións é que a personaxe central está gritando porque lle ten medo a algo, quen sabe, unha pantasma, unha bruxa... Comezaron a facer a súa propia onde eles serán os protagonistas, pero aínda non están rematadas porque estes días no cole as horas non chegan a nada...


Por outra banda, hoxe coa teacher María confeccionamos uns gorros con cousas asustadizas e pasárono pipa xogando a pantasmas. Aínda que o que mais lles gustou foi o "Truco ou Trato" no que conseguiron unhas ricas chocolatinas.... :)

miércoles, 23 de octubre de 2013

Galletas terrorificas...

Hoxe tocou taller de cociña para facer algo relacionado co tema do medo que estabamos a tratar. Pois ben, que mellor que facer unhas galletas para endulzar un pouco e quitarlle ferro ao asunto. Aquí vos deixo un vídeo cos peques cas mans na masa... ;)


Hoxe tamén comezamos a abrir algunha cabaza, pero como aínda nos queda traballo por diante, esas fotos as poñeremos mañá!
E mirade que pedazo pantasma nos trouxo onte Ian para decorar a clase... é mais grande que moitos dos peques!! Pero bueno, eles aos pantasmas e bruxas xa non lle teñen medo...jeje
















Xa, por último, aquí vai a canción da Brujita Tapita que estivemos bailando no cole e que lles gusta moito... así poden seguila practicando na casa.

lunes, 21 de octubre de 2013

Salchichas de queixo...

Hoxe en psico coa profe María fixeron un xogo do mais particular, tentaron convertirse en momias, o que pasa que non había papel suficiente para todos, así que o deixamos a medias e fomos tan só unhas salchichiñas cun pouco de queixo, aquí vos deixo... non hai fotos de todos xa que eu andaba cubrindo papeleo e cando me din conta xa o fixeran mais da metade.


Por outro lado, seguen chegando mais cousiñas para o recuncho...dentro dun pouco non sei onde llas vou colocar...jeje

domingo, 20 de octubre de 2013

Recuncho do medo

Pois pouco a pouco, e grazas a vosa colaboración o recuncho do medo foi collendo forma e está cheo de cousas aterradoras. Aínda que eles xa comezan a ser conscientes de que bruxas, pantasmas e demais só existen nos contos e nas pelis. 


Ao longo da semana pintaron o seu castelo encantado que, como en todos, non podían faltar nin as bruxas nin as pantasmas...


E, seguen chegando mais cousiñas para ambientar a aula...


miércoles, 16 de octubre de 2013

Arañas terroríficas!!

Hoxe no cole comezamos a pintar unhas arañas para decorar a aula, só nos dou tempo ao corpo, xa que coa cantidade de pintura que empregamos, despois non daban secado. Mañá lle poñeremos ollos e patas e as colgaremos pola aula, e é que cada día chegan mais cousiñas e o noso recuncho comeza a quedar pequeno... Ademais xa temos a porta un pouco mais terrorífica, aínda que os peques o pasaron pipa decorándoa!!
Aquí van as fotos mentres pintaban (que algunhas mans quedaron feitas un poema) e tamén das novas cousiñas que seguen a chegar...




martes, 15 de octubre de 2013

Mais cousiñas...

Seguen a chegar cousas sobre o tema que estamos a traballar: "O medo", a verdade é que xa temos un recuncho cunha morea de cousas, mañá comezaremos a facer as primeiras manualidades para decorar e ambientar a aula. Un dos obxectivos deste tema e que descubran que todas estas personaxes (bruxas, pantasmas...) só existen nos contos e pelis.


Por outro lado, seguimos traballando coas adiviñas de animais e hoxe vimos a letra B de Bisonte, que lles custou un pouquiño adiviñar, xa que lle tiven que dar eu algunha pistiña... :)

lunes, 14 de octubre de 2013

Primeiras cousiñas

Pois hoxe xa chegaron as primeiras cousas sobre o medo, moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!
Temos un variado de cousas, dende un esqueleto que brilla na escuridade ata unha bruxa á que se lle acenden os ollos e move as pernas... Mañá cando cheguen xa verán que o recuncho está un pouco mais definido, aínda que nos faltan moito mais por poñer...

domingo, 13 de octubre de 2013

Que medo!!

Bueno, como xa sabedes, este par de semanas antes de comezar co Samaín, vamos a facer un mini proxecto sobre o medo. Para isto crearemos un recuncho de aula onde colocaremos todas esas cousiñas que nos dan medo e que, ademais, non serven de enlace para traballar o seguinte tema. Por iso, precisamos da vosa axuda, podedes aportar calquera cousa que se vos ocorra que estea relacionada co tema (sen mercar nada).

Por outra banda, esta semana comezamos co traballo das letras, os mais peques están coñecendo a letra A, que predomina na maioría dos nomes da aula; e os de 5 comezaron coas minúsculas coa I da Iguana Irene que, ademais, vivía nun iglú, como o Pinguino Sadurniño.

lunes, 7 de octubre de 2013

English, english...

En cada sesión na clase de inglés hay un encargado, e ese encargado porta unha estrela, como nas anteriores sesions a profe se despistou, hoxe a levaron todos. Tamén levaron ao osiño Tedy, que sempre os acompaña nos xogos e cancións.


viernes, 4 de octubre de 2013

A zorra e as uvas

Hoxe, rematamos o tema da vendimia, pero non sen antes tratar esta coñecida fábula da "zorra e as uvas", que ademais de estar relacionada co que estabamos vendo na aula,  tamén nos sirveu para descubrir que as mentiras non son o mellor camiño.
Aquí vos deixo o enlace ao vídeo...
Boa fin de semana!!

jueves, 3 de octubre de 2013

Mosto

Aquí vai un pequeno vídeo do "zumo de uva" que fixemos onte no cole. A algúns peques lles gustaba mais que a outros o de esmagalas coas mans... e é que iso de que queden tan pringosas non sempre gusta!!
Tamén estamos aprendendo que despois hai que votar o zumo no barril, para que alí fermente e se "convirta" en viño, jeje

martes, 1 de octubre de 2013

Vendimia

Esta semana estamos traballando no cole a vendimia, comezamos desde o mais básico, coñecendo as partes da parra (gracias á que temos ao lado do patio) facendo adiviñas e cantando cancións. Pero mañá...faremos mosto, ou como prefiren eles: zumo de uvas!! A ver que tal nos sae...jeje


Cumple Noa

Onte celebramos no cole o cumple de Noa, que xa ten 5 aniños!!
Así que moitas felicidades!!
A tarta estaba boísima, e as piruletas de chocolate....mmmmm!!! sen palabras!! :)