martes, 26 de febrero de 2013

Seguimos recopilando

Hoxe chegaron mais cousiñas sobre as abellas, aínda que o que mais lle gustou foi a colmea que trouxo Cristina, polo que aproveitamos e comezamos a elaborar a nosa propia para ter na aula, iso si, cunhas abellas un pouco mais tranquilas!! De momento aínda non temos fotos, porque nos vai a levar uns días, xa que temos que ir facendo e esperando a que seque, pero cando xa comece a parecer o que é, vola ensinaremos! Aquí van as fotos do que chegou hoxe...











Déixovos este xogo de pintar, é moi sinxelo, pero as imaxes se moven un pouco e seguro que lles fai mais gracia e, así, seguimos traballando o manexo do rato.


lunes, 25 de febrero de 2013

Comezamos novo proxecto...... AS ABELLAS!!

Pois hoxe comezamos coa recopilación de cousiñas sobre as abellas e, para ser o primeiro día, hai que decir que xa temos un montón de material para poñernos a traballar. Chegounos un pouquiño de todo: contos, peluches, gorros de apicultores... Bueno, mellor vos deixo as fotos para que vexades!!







jueves, 21 de febrero de 2013

Rematando co inverno

Bueno, estes días tocou retomar o tema do inverno que deixamos un pouco de lado coa celebración do entroido e co proxecto dos hippies. Estas son as manualidades que fixemos ao longo da semana e que aínda non me dera tempo a subir... Cada peque escolleu entre oso polar ou foca e co papel hixiénico cubriron todo o seu corpo, logo recortamos e pegamos nunha cartolina. E tamén fixemos un boneco de neve onde pintaron os copos con témpera, que moito lles gusta...




Para traballar esta temática nos axudamos duns cantos contos, aínda que hai que recoñecer que os de PopUp lles chiflan, polo que o de "10pequeños pingüinos" e "El muñeco de nieve feliz" triunfaron!! Ademais con este último estamos aprendendo unha canción de dita estación.




E, xa por último, aquí vos deixo un enlace para que poidan facer eles mesmos os seu propio boneco de neve. Esta actividade para potenciar o manexo do rato está xenial.


viernes, 15 de febrero de 2013

Galletas namoradizas...

Pois como onte foi o día dos namorados, nós non podíamos ser menos e elaboramos as nosas galletas en forma de corazón. Non lles fixo moita gracia que a masa se pegara tanto, polo que eu amasaba e eles cortaban, como se soe dicir, traballo colaborativo, jeje


E hoxe rematamos a nosa letra Q do abecedario que quedou pendente da semana pasada e claro, coincidindo coas datas, decorámola con confeti... Metres os mais peques xogaban coa plasti aproveitando os moldes de letras.

 

martes, 12 de febrero de 2013

Viva el Carnaval!!

Xa sei que un pouco tarde, pero aquí vos deixo o vídeo do "Carnaval Style". Espero que vos guste...


BO ENTROIDO!!

viernes, 8 de febrero de 2013

*** Nos vindeiros días publicarei a canción do "Carnaval Style" que cantaron hoxe os peques, así como todas as fotos do PhotoCall. Aínda que para ir abrindo o apetito, aquí vos deixo unha de todos antes de saír...



jueves, 7 de febrero de 2013

Sesión de maquillaxe!!

Pois hoxe tocou unha sesión de maquillaxe que, como non, lles encantou!! Non movían nin a cabeza co medo de que se lles borrase, querían que cando os viñerades a buscar a maquillaxe estivera perfecta!! Pero que coquetos son estes peques...:)
























Tamén vos deixo aquí este vídeo do "Carnaval de los animales" que vimos hoxe, aínda que non o puidemos ver na pantalla xa que nese espacio montamos un PhotoCall carnavaleiro, xa veredes que fotos mais chulas estamos a sacar nel...


Por certo, hoxe olvidouseme poñer na nota, mañán os que poidades mandade aos peques vestidos de negro, para que resulte mellor co disfraz, senon tendes non preocuparvos!!

miércoles, 6 de febrero de 2013

Quen son??

Pois hoxe o día comezou cun Bop Esponja que nos veu a visitar ao cole... aínda que logo nos demos conta de que se trataba de Ingrid!! Así que a todos lles fixo chiste cando por fin tiveron na man o seu antifaz, moito lles gusta o de ocultarse detrás e preguntar "Quen son?" E a vos, non vos fixeron o mesmo?


martes, 5 de febrero de 2013

Vaia gafas!!

Hoxe os peques fixeron unhas supergafas, tiñades que ver como andaban pola clase, non movían nin un chisquiño a cabeza, non fora a ser que lle caeran. Cada un escolleu a cor que mais lles gustaba para as lentes pero, coma case sempre, o rosa triunfou!!jeje
Aquí vos deixo unha foto...


lunes, 4 de febrero de 2013

Somos... Indios!!

Como xa vos comentaba o venres, cada día desta semana os peques levarán algún motivo do Entroido feito por eles, e hoxe tocou ser... Indios!! A que estaban guapos??

sábado, 2 de febrero de 2013

Para a semana... Entroido!!!

Bueno, pois como xa saberedes, este ano coinciden ben prontiño as celebracións do Entroido. Polo que durante a semana que ven iremos facendo diversos atuendos na aula que irán levando para a casa, isto despois de decidilo entre todos na asemblea, jeje
E o venres tocará a sesión de disfraces, que xa están no taller de confección :)
Por outra banda, os maiores seguen coa lectoescritura, xa comezaron as consoantes co panadeiro "p". No apartado que hai arriba de Lectoescritura están enlazados todos os vídeos das letras que imos vendo, así quedan a mellor disposición para cando os peques queiran repetir.