martes, 31 de enero de 2012

Os tres porquiños

Hoxe estivemos lendo na aula un conto sobre "Os 3 porquiños" que nos deixou a profe Silvia, gustounos moito, sobre todo porque puidemos abrir e pechar todas as portas que tiña e as casas.... ata se derribaban!!!
Déixovos aquí as fotos e algúns anacos do texto.

 

 




Nalgúns momentos non collía nin unha soa man mais...


"Tienen los cerditos un lugar de ensueño,
como crecen tanto, se queda pequeño.
Se van a mudar, mamá está intranquila,
¡Cuidado que el lobo feroz os vigila!"


"Al cerdo pequeño, algo remolón,
transportar ladrillos le cuesta un montón...
Un día el cerdito duerme tan a gusto,
aparece el lobo y le da un buen susto."


 "El cerdito huye llamando a su hermano,
y llega a la casa del cerdo mediano.
Se refugian dentro, más tarda un momento,
en llegar el lobo peludo y hambriento."

"Toda de ladrillo y hecha con esfuerzo,
los cerditos dentro, preparan su almuerzo.
Quiere el lobo entrar por la chimenea,
se quema la cola y hasta se marea.
Los cerditos ríen al ver lo que pasa,
¡Esta, desde ahora, será nuestra casa!"

lunes, 30 de enero de 2012

Que é a Paz?

Este é un vídeo que fixemos hoxe na aula co que significa a Paz para os mais peques, aquí volo deixo para que vexades o importante que é para nós.
Espero que vos guste...


Canción da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz. Levamos uns días practicando esta canción coa profe Silvia e mirade que bos resultados...


domingo, 29 de enero de 2012

Para repasar o "S"

Aquí vos deixo unhas fichas da letra "S", para os que queirades descargalas e traballar na casa con elas, no enlace están tamén as anteriores da letra "P".

miércoles, 25 de enero de 2012

Pizarra máxica

Hoxe por fin estreamos a tan famosa "Pizarra máxica", por ser o primeiro día estivemos xogando un pouquiño; puxemos un xogo no que había que ter moita destreza para explotar todos os globos o máis rápido posible, pero é que había algúns tan rápidos que non os dabamos pillado! Os nenos pasárono xenial, xa me tarda que chegue a vindeira sesión para que poidan seguir aprendendo con ela!



martes, 24 de enero de 2012

Recursos de lectoescritura

Como algúns de vos me estades pedindo recursos, aquí vos deixo un enlace dunha páxina para poder traballar a lectoescritura na casa, de cada letra trae unhas cantas fichas, empezade polas que xa vimos no cole, xa que xa saben como se realiza a súa grafía.

lunes, 23 de enero de 2012

Letra S

Esta semana vamos a traballar coa letra S, xa limos o conto da salamandra Susi e o sapo Soso, e hoxe estivemos practicando a letra no encerado, mañá tocará pasala ao papel, a ver que tal nos sae!!


Fin de semana axetreado!

Menudo traballo tivo este fin de semana o Rato Perez!! E é que na nosa clase caeron, nin mais nin menos, que tres dentes!!! Aquí vos deixo a proba para que o poidades comprobar!


jueves, 19 de enero de 2012

Para repasar o "P"

Aquí van un par de fichiñas para reforzar na casa a grafía e a lectura da letra "P".




Asemblea de hoxe

Aínda que pareza incrible, hoxe o tema de debate da asemblea foi o partido de onte entre o R. Madrid-Barça e, de paso, xa me enterei que hai algún pai/nai que gaña tantos cartos como Cristiano Ronaldo!!!!!!!!

Volven os volcáns

Estes días volvemos a falar un montón dos volcáns, xa que Sofia foi a Tenerife e nos contou que foi a ver o Teide, ata nos trouxo unha rocha volcánica e algún que outro folleto con fotos da isla.


Moitas grazas Sofi!!!


jueves, 12 de enero de 2012

Fichas vogais


Papis! Aqui vos deixo unhas fichas de vogais por se queredes repasar na casa cos peques, fixádevos ben en que fagan a grafía correctamente!


 

 

                 Vogais

Mañá de Bingo!!

Hoxe pola mañá estreamos o noso regalo de reis, un Bingo! A partida estivo moi entretida, custou un pouco cantalo pero ao final foi Lucía A. a gañadora!!
Así, dunha forma lúdica, tamén traballamos os números!!



Parabéns Lucía!!!

O Ratiño Perez

Hoxe pola mañá na asemblea limos o conto da "Fantástica historia del Ratoncito Perez", gustounos moito e agora xa sabemos que fai o rato cando nos leva os dentes; preguntádelles e xa veredes....


lunes, 9 de enero de 2012

Xa estamos de volta!

Bueno, pois hoxe xa me enterei de todo o que lle trouxeron os Reis Magos aos peques que, polo que me contaron, debéronse de portar moi ben!!
Estes primeiros días vamos facer un repasiño das vogais, por se algún as esqueceu..., así como tamén dos números ata o 8. Despois engancharemos coa nosa primeira consoante: o "p" e co número 9. Sen esquecernos de traballar o tan frío inverno que estamos a pasar estes días.
Irei colgando fotiños para que poidades ver todo o que vaian facendo!

jueves, 5 de enero de 2012

Noite de Reis

Por se hai algún despistado... xa está aquí a tan desexada noite de Reis!! Espero que os peques fosen moi bos nestas vacacións e que teñan a carta escrita e máis que enviada aínda que, por se acaso, aquí vos deixo un modelo para que poidades cubrila con eles!