martes, 18 de febrero de 2014

30 de Xaneiro: "Día da Paz"

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o Día da Paz e a non violencia, e no cole non quixemos ser menos, así que elaboramos algunha manualidade, fixemos xogos na PDI, traballamos cun conto da "Paloma MariPaz" e elaboramos unhas ricas galletas con forma de pomba.
Aínda que vai cun pouco de retraso, aquí vos deixo a poesía que os peques aprenderon para ese día. Ao mellor colledes un pouco de torticulis, por que non me deixa publicar o vídeo vertical, ademais o audio ás veces fai desfase coa imaxe...unha pena co ben que o fixeron!


As ricas galletas que cociñamos...


E tamén, un xogo para o ordeador que versa sobre o mesmo tema. Pinchade na imaxe para acceder a él.


Merendando pizza

Nestes últimos días, tamén fixemos unha merendola que os peques levaban pedindo varios días... Así que como o prometido é deuda, tocou pizza para merendar. Aquí van as fotos...



Pingüis de inverno

Pois para ambientar un pouco a aula coa estación na que estamos, cada peque elaborou un pongüino para un mural conxunto. Para elo houbo que descalzarse e pintar as plantas dos pés, a algúns costoulle mais que a outros, xa que o pincel lles facía moitas cosquillas...
E despois, que si gorro, ollos, barriga... 
Aquí van algunhas fotos de como quedaron, aínda que algúns peques o teñen pendente de rematar...