sábado, 29 de junio de 2013

Abezoo

Nesta entrada vos deixo as poesías do Abezoo que traballamos ao longo do curso.  Así, no verán, si se esquecen poderedes refrescarlles a memoria, jeje











lunes, 24 de junio de 2013

Excursión camelot

Pois aquí van as fotos da excursión de final de curso que fixemos a Camelot, de certos nenos pode que haxa menos fotos, xa que andaban pola zona alta do parque é era imposible sacarlles algunha decente...jeje

Bombóns de chocolate

Aquí vos deixo unhas fotiños de cando fixemos no cole os bombóns de chocolate... Sobra decir que estaban para chuparse os dedos, non?? :)



sábado, 22 de junio de 2013

Gusanos de seda

Nos vindeiros días irei colgando cousiñas que aínda andan pendentes de publicar, xa que o final de curso quita moooito tempo. De momento hoxe vos deixo a poesía que traballamos cos gusanos de seda, onde conta o seu ciclo vital.

sábado, 15 de junio de 2013

Visita ao Alfonso VII

O venres tocou excursión, fomos ao Alfonso VII para que os de cinco coñeceran un pouco mais o cole. Nada mais chegar as profes ensinaronnos os patios, as aulas de infantil, biblioteca, a sala de ordenadores, as aulas de música... Nesta última tiveron mais que sorte, xa que os mais maiores do cole estaban tocando a canción de Tadeo Jons cunha morea de instrumentos e, claro, encantoulles!!
Mentras os de cinco coñecían as aulas de primeiro, os de tres e catro estiveron xogando un pouco no patio. Logo tocou merenda con todos os nenos/as de infantil. 
E, xa por último... o mago!!! Que lles gustou un montón!!
Non teño moitas fotos da saída, entre chaquetas e merenda non daba a basto coa cámara, pero si que puiden facer un pequeno vídeo de cando Anxo subeu ao escenario co mago, aquí volo deixo...


Tamén aproveitei para que o venres levaran as plantas que sementamos fai semanas, e é que como está o final de curso á volta de esquina, cada día levarán unha cousiña que fixemos durante este último trimestre, para que o 21 non vaian tan cargados. Ademais, as plantas necesitan unha macetiña mais grande...jeje


Ranitas

O pasado xoves os peques levaron para a casa as ranitas que fixemos gracias á revista de Xurxo e, para o sinxelo que resulta facelas, o resultado é moi orixinal e a eles lles encantou! tanto foi así que sei de algunha que xa non saiu enteira da aula, jeje


miércoles, 12 de junio de 2013

Azucarillos de colores

Pois hoxe tocou cociña e fixemos uns azucarillos de cores que tiñamos pendentes dende fai uns días. É unha receita moi sinxela e encantoulles, claro!! Só hai que engadir un pouquiño de colorante e unha cucharada de auga ao azure, colocar en moldes e 30 segundos ao microondas!



domingo, 9 de junio de 2013

Obras de Paul Klee

Esta semana adicámola a coñecer algunhas das obras do pintor que estamos a traballar e, incluso, a algunhas delas, lles fixemos plaxio... Aquí vos deixo o orixinal e a creada polos peques que, co ben que o fixeron, poden ter madeira de pintores...jeje











lunes, 3 de junio de 2013

Galletas "Príncipe"

A semana pasada non puiden nin actualizar o blog, así que vos poño hoxe o resultado do taller de cociña no que elaboramos as nosas propias galletas príncipe!! Aos peques encantoulles e, polo que me contaron, as galletiñas estaban ben boas!!




O venres fixemos unha quiniela para ver quen acertaba o número de capullos que habería hoxe no cole, e despois do reconto o que mais se acercou foi Alex, xa que temos... 23 crisálidas!!!! Como nos lles quedan moitos ocos nas caixas, puxemos uns rolos de papel hixiénico para que tamén se acomoden neles.


E, xa por último, ensinarvos o noso rinconcillo de Paul Klee onde colgaremos todas as súas obras e do que seguemos aprendendo moitas cousas día a día. Está un pouco torto, pero o importante é que empregamos unha chea de colores e de formas que era o que a el mais lle gustaba.