domingo, 24 de marzo de 2013

Apípolis

Bueno, pois despois de tanto tempo esperando a tan ansiada excursión creo que mereceu a pena, non?? Os peques pasárono xenial e viviron en primeira persoa todo o que estivemos traballando no cole estes últimos días. Nada mais chega os dividiron en dous grupos, o equipo azul e o equipo laranxa. Os nenos estaban mesturados nos dous grupos xunto cos das outras unitarias, razón pola que tiven que suprimir fotos e polas que en algún taller só hai fotos dun grupo. Aquí vos deixo este vídeo para que vexades o ben que o pasaron... 


Recordade que a volta é o día 2 de abril, ata entón... BOAS VACACIÓNS!!

jueves, 21 de marzo de 2013

Chocolatada

Me imaxino que hoxe ao ver os mandis xa vos imaxinariades que houbo chocolate no cole, porque é que algúns se puxeron perdidos!! Aínda que xa empezou a primavera, hoxe fixo un día ideal para tomar un chocolate quentiño con galletas, e así foi, e é que o outro día ao pintar os ovos a todos se lle quedaron ganas del, jeje.

Por outra banda, para rematar co proxecto das abellas, hoxe investigamos con algunhas delas, aínda que se quedaron coas ganas de ver algunha abella reina, a ver si maña en Apipolis teñen mais sorte, jeje.
Recordade que é importante que os peques veñan con roupa cómoda e que non teñen que traer nada. Non vos esquezades, ás 9:00horas debaixo da ponte.


miércoles, 20 de marzo de 2013

Invitado especial

Hoxe visitounos o avó de Ingrid para explicarnos un pouco mais sobre as abellas, xa que él ten as súas propias colmenas. Aos peques gustoulles un montón a visita e fixéronlle unha morea de preguntas. Ademais, faloulles dos diferentes tipos de abellas, uliron a mel pura, explicoulles como se sacaba a mel das celdas... Vamos que cando cheguen a Apipolis non sei quen lle explicará mais a quen, jeje.


Un montón de gracias avó!!!

martes, 19 de marzo de 2013

Feliz Día!!!

Hoxe os peques marcharon mais ca contentos co seu regaliño para papá!! Non facían mais que preguntar cando era hora de marchar, jeje.
Espero que aos papis lles gustara moito, moito porque os nenos  traballaron arreo para que quedase perfecto. Non vou a poñer ningunha foto, porque xa sei que hai algúns que aínda non o vistes, e non vamos a estragar a sorpresa :)


lunes, 18 de marzo de 2013

Ovos de chocolate

Pois como vos comentaba o outro día no blogue, hoxe comezamos a facer a nosa portada para os traballos e, tendo en conta as datas que se aveciñan, que mellor que facer o seu propio ovo de pascua. E, como non, encantoulles!! Agora so temos que esperara a que seque e engadirlle un pouco de purpurina e un bonito lazo.


sábado, 16 de marzo de 2013

Semana moi axetreada!!

Pois aínda que non o pareza polas poucas publicacións no blogue, esta foi unha semana na que non paramos de facer cousiñas. Seguimos traballando coas abellas, das cales xa sabemos unha morea de cousas, ademais temos unha amiga na aula que aos peques lles gustou moito!! Xa rematámola famosa colmena, que para a semana estará colgada no medio da aula. E, como non podía faltar, esta semana fixemos unha degustación de mel, probárona soa e con galletas e a verdade é que lles encantou a todos!!

















Por outra banda, esta semana tamén traballamos a Semana da prensa, falando un montón sobre as noticias e todo o que é considerado como prensa. O que mais lles gustou foi o periódico, que desf¡xeron nel tanto como quixeron. Cada un escolleu unha fotografía e escribiron a noticia da que trataba, e o mesmo fixemos coa tele, aínda que aquí o mais importante para eles eran os debuxos...jeje

















Por último, tamén estivemos preparando as bolsas para as fichas deste trimestre e o regalo de papá, pero desto... non poño fotos!!!! ;)
O luns faremos a portada que lles vai a resultar moi, moi doce, posto que empregaremos chocolate....mmmmm!!!
Que teñades boa fin de semana!!

viernes, 8 de marzo de 2013

8 de marzo: Día da muller traballadora

Hoxe, día 8 de marzo, conmemórase o Día da muller traballadora. Me imaxino que os peques levarán falando toda a semana do tema, xa que levamos uns días preparando unha pequena actividade sobre algúns dos moitos oficios desempeñados polas mulleres. E hoxe falamos mais en concreto do traballo de mamá (por ser a que mais de preto lle toca, jeje). Aquí vos deixo o vídeo de como foi a cousa...


Tamén aproveitamos para xogar na pantalla cun xogo relacioado co día que celebramos. Non nos dou tempo a rematar todas as actividades, así que o luns seguiremos. De todos os xeitos, se pinchades na imaxe poderedes acceder a él, por si algún peque quere ir practicando...

miércoles, 6 de marzo de 2013

Terceira e última

Pois hoxe rematamos de ver o mini-documental sobre as abellas. Gustoulles moito, porque as imaxes son moi boas e axudoulles tamén a comprender un pouquiño mais o mundo no que viven. Aquí vos deixo o enlace ao vídeo, e agora si que si, que xa poden ver todos ;)

martes, 5 de marzo de 2013

Segunda parte

Pois aquí vos deixo a continuación do vídeo de onte, que lles segue encantando, xa que explicalles as cousas dun xeito moi sinxelo. Xa sabedes, ata mañá nada da terceira, eh!! :)

lunes, 4 de marzo de 2013

Un vídeo moi explicativo

Pois hoxe estivemos vendo un vídeo sobre as abellas que nos axudou a comprender un pouquiño mais o mundo no que viven. Aos peques encántoulles, xa que polo medio incluían imaxes de debuxos disney e o facían mais motivador. Mañá veremos a segunda parte. Aquí volo deixo por si os peques queren volver a velo... O que si vos agradecería e que non lle puxerades na casa nin a parte 2 nin a 3 para que a vexan todos xuntos no cole...Graciñas!!!

sábado, 2 de marzo de 2013

Unha semana de abellas

Esta semana estivemos iniciándonos no tema das abellas, gracias a todas as aportacións que nos trouxestes. Primeiro con unha adiviña e despois vendo os tipos de abella que hai, e o que fai cada unha delas. Seguimos avanzando na nosa colmena, aínda que vai para longo porque avanzamos un pouco todos os días, xa que ten que secar para poder continuar. Tamén fixemos unhas abelliñas que sobrevoarán esta semana a aula, aquí vos deixo unha fotiños para que vexades do que falamos...