martes, 28 de enero de 2014

Cumple Hugo

Onte celebramos o cumple de Hugo, que é o primeiro en estrear os 6 aniños na aula!! Felicidades!!


viernes, 24 de enero de 2014

Semana con baixas...

Bueno, a verdade é que esta semana foi un pouco rara, xa que tivemos todos os días entre 3 e 4 baixas por mor da gripe. Polo que non avanzamos moito no proxecto sobre África e temos varias manualidades á espera de que se incorporen todos os peques e podelas rematar entre todos. Xa comezamos a traballar o Día da Paz que se conmemora o vindeiro 30 de xaneiro, para a semana o traballaremos mais a fondo, así como o inverno e o continente africano. Tamén poñeremos fotos e algún vídeo do que levan a facer ata o de ahora.
Boa fin de semana!!

domingo, 19 de enero de 2014

Feliz cumple Gabriel!!

O venres celebramos no cole o cumple de Gabriel, que xa ten 5 aniños!! Que rápido pasa o tempo... :)


Esta semana tamén traballamos moito a psicomotricidade fina, xa que para escenificar a selva tivemos que facer boliñas de papel, para a sabana mesturamos plasti azul e vermella (xa que non había marrón), para o deserto esparcemos restos de ceras afiadas... Cando o rematemos xa vos colgarei unha foto para que vexades o ben que quedou! E é que estes peques son uns super artistas!!!

jueves, 16 de enero de 2014

África

Bueno, como xa vos dirían os peques, esta semana comezamos a traballar sobre África, sobre todo despois da curiosidade que mostraron antes do Nadal ao redor dos continentes. E xa saben unha chea de cousas... que hai un deserto moi grande, que está o río Nilo, a selva e a sabana africana e que ten unha isla que se chama Madagascar na que os lémures andan ás súas anchas.
Nas vindeiras semanas, seguiremos aprendendo mais e mais cousas! Se tedes algo na casa que nos poida axudar a traballar este continente non dubidedes en mandarllo!

jueves, 9 de enero de 2014

Volta á rutina!!

Hoxe tocou volver ao cole despois destas movidiñas vacacións. Como non, o tema do día foron os regalos de PapaNoel e Reis Magos...os peques debéronse portar moi, moi ben, eh!! ;)
Tamén falamos dos temporais, inundacións...
A sorpresa foi que os Reis tamén se acordaron de deixarnos algúns regaliños para o cole, así que mans á obra a abrir paquetes...jeje


Tamén celebramos o cumple de Noa Barreira, que cumpleu nas vacacións de Nadal, moitas felicidades!!!

















E, tamén lemos un conto, que sempre lles encanta aos peques, xa que é moi interactivo e eles mesmos participan no que vai pasando. Unha mañá completa, vamos!

Festival Nadal 2013

Como se di...... "mais vale tarde que nunca", pois bueno, eu acóllome ao dito para publicar esta entrada a estas alturas, pero é que o Nadal pasou voando e o tempo non chega a nadiña, así que aquí van as fotos do mini-festival do último día antes das vacacións. Darlle as gracias a Irene polas fotos, xa que eu non puiden sacar nin a primeira.