martes, 28 de febrero de 2012

Fanboy

Hoxe, na hora de plástica, estivemos pintando a "Fanboy y Chum chum", estannos quedando ben bonitos, xa veredes os resultados...





domingo, 26 de febrero de 2012

Un enlace mais

Esta é unha páxina con diversos xogos para traballar as cores, pero dunha forma lúdica e entretida que creo que lles vai gustar, aquí volo deixo...

jueves, 23 de febrero de 2012

Paracaidas

Hoxe, coa profe Silvia, na clase de psico, e aproveitando o bo tempo que fai, estivemos xogando co paracaídas. Gustounos moito e pasámolo moi ben. Aquí vos deixo a proba...











martes, 21 de febrero de 2012

Fotos entroido

Aínda que xa llo comentei aos nenos, me imaxino que non todos se acordarían...
Os que queirades traer as fotos do entroido ao cole para que as poidan ver os compañeiros podedes facelo, incluso se hai bastantes as colgarei despois no blog para que poidades ver a variedade de disfraces. É voluntario, só os que queirades!

Fichas letra "m" e "c"

Bueno, que tal estes días de entroido? Me imaxino que os peques estarán disfrutando ao máximo, non? Pois que aproveiten, porque o xoves hai que volver coas pilas cargadas!!jeje
Aquí vos deixo algunhas fichas da letra "m" que había prometido, tamén hai unhas da letra "c" que comezamos a ver esta semana e que continuaremos estes dous días que veñen. Incluso puxen algunhas de lectura para os que esteades interesados.

domingo, 19 de febrero de 2012

sábado, 18 de febrero de 2012

5º día de Entroido

Bueno e, por último, chegou o quinto día. Hoxe tocou sesión de maquillaxe, pero as présas de última hora fixeron que non haxa fotos de todos :(
ah!! e estade pendentes do blog, porque temos unha "chirigota" preparada que esperemos que vos guste, xa está case lista...



jueves, 16 de febrero de 2012

4º día de Entroido


Un antifaz ben brillante
fixemos hoxe nun instante.
E con pena ou alegría,
porque mañá xa é o último día!!


martes, 14 de febrero de 2012

viernes, 10 de febrero de 2012

O entroido

Bueno, como o entroido está xa a volta da esquina, aquí vos deixo un enlace para que os nenos poidan crear diversas caras!! Espero que lles guste!!


jueves, 9 de febrero de 2012

Bingo Febreiro

Hoxe tivemos a partida de bingo correspondente ao mes de Febreiro e mimadriña, ata houbo momentos de tensión nas últimas bolas!!jeje Ao final saíu o número 2, e o premio foi para...... Bryan!! Noraboa!!


miércoles, 8 de febrero de 2012

Letra T

Esta semana estamos a traballar coa letra "T", pero estanos dando algún que outro rompedeiro de cabeza, por iso vos deixo aquí algunhas fichas para que a reforcedes na casa, así entre todos seralles moito mais doado quedarse coa grafía.

martes, 7 de febrero de 2012

Xemelgas na aula

Si, si, hoxe tivemos dúas xemelguiñas na aula, a que estaban guapas??


Técnica do punteado

Hoxe na sesión de plástica estivemos facendo unha paisaxe invernal coa técnica do punteado e, para ser a primeira vez, non nos está quedando nada mal!! Este é un exemplo do que vai a ser o resultado final: