jueves, 31 de enero de 2013

Seguimos Hippeando

E é que cada vez descubrimos novas cousas sobre os Hippies. O último relacionado co símbolo que eles empregan para a paz, pois ben agora xa sabemos que na linguaxe naútica podese distinguir unha N e unha D de Desarme Nuclear.
Así como que o empregaron por primeira vez nunha manifestación en Londres en contra do armamento, desde entón é o segundo símbolo da paz mais coñecido (seguindo a pomba branca).

Por outra banda, hoxe xogamos a nosa primeira partida ao bingo e a cousa non nos foi nada mal, mais de un quedou ás portas de levar o premio, aínda que nesta ocasión Cristina foi a gañadora.


E aquí vai a foto da Hippie que nos faltaba...

miércoles, 30 de enero de 2013

Día da Paz

... e por fin chegou o tan esperado día!!! xa me imaxino que vos contarían os peques todo o que íamos a facer hoxe... pois aquí van as probas gráficas!! :)
O primeiriño que vos deixo e a "mini poesía" que fixemos para este día, a moitos xa vos soa e iso que lle dixen que tiña que ser un segredo...


Non podía faltar o noso atuendo particular, por iso hoxe estreamos as camisetas hippies e mais o colar que estivemos a facer ao longo da semana e, indubidablemente, maquillaxe!!!


E, non podíamos esquecer, nun día como hoxe, de endulzar un pouco a vida, así que os peques puxéronse mans á obra e, entre todos, elaboraron un biscoito co símbolo da paz boísimo!!! E, non se esqueceron de Ingrid que hoxe estaba pachucha e gardámoslle un anaquiño para mañá. Por certo, estaba bo??

lunes, 28 de enero de 2013

Camisetas hippies... LISTAS!!!

Bueno, ante todo, perdoade pola tardanza en poñer as fotos, pero é que ultimamente o tempo non me chega a nada, jeje.
O dito, no seguinte vídeo está como fomos facendo para ter estas super camisetas que lucirán o vindeiro 30 de xaneiro, a que lles quedaron chulas? :)


Por outro lado, o venres tivemos cumple, e é que Hugo xa ten 5 aniños!! que maiores se están facendo estes peques...



miércoles, 23 de enero de 2013

La hormiguita hippie

Cada día vamos aprendendo mais e mais cousiñas sobre os hippies, e hoxe empregamos este vídeo para falar de como se desprazaban os hippies e de como vivían. Fíxolles moita gracia o de facer autostop, jeje.
Recordade que maña imos a teñir camisetas, como eles mesmos facían, polo que é recomendable que a roupa sexa de trote, non vaia a ser que tiñamos algo que non debemos ;)


Por outra banda, aquí vos deixo o vídeo da Princesa i, que levan todo o día con esta canción...

lunes, 21 de enero de 2013

Aprendemos sobre os hippies

Aínda que o venres ningún peque tiña nada claro o que eran os hippies, hoxe chegaron coas ideas ben fixas e, entre todos, xa sabemos unha morea de cousas sobre eles. Ademais, Noa trouxonos unha indumentaria hippie, hippie!! E Cris varias fotos entre as que atopamos o símbolo que para eles representa a Paz. Tamén descubrimos o seu lema de "Paz e amor" que pasaron todo o día imitando, jeje.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo cos mais atrevidos diante da cámara...


domingo, 20 de enero de 2013

Un mini-proxecto: os hippies!!

Bueno, como xa vos contarían os peques, vamos a investigar sobre os Hippies. A razón deste mini-proxecto é que dentro duns días celebraremos o Día da paz e a non violencia, e os hippies teñen o segundo símbolo mundial da Paz. Polo que aproveitaremos esta ocasión para aprender algunhas cousiñas. Xa sabedes que si tedes algo que nos poida servir sería de gran axuda. O venres na asamblea falamos sobre que son os hippies e, tiñades que ver todo o que pensaban; que si son paiasos, animais, xefes de pista, que fan divertir, que van ao zoo... Podédeslle explicar algo na casa e xa vos contarei o que nos conten mañá!!!
Por outra banda o venres comezamos o préstamo de libros. No cal hai nove contos e unha mochila viaxeira que pasarán por todas as mans, polo que é fundamental o coidado dos contos, así como a puntualidade á hora da súa devolución.
E, xa por último, aquí vos deixo unhas fotos do expertos que son estes peques xogando ao Twister.... vaia elasticidade tiñan algúns!!!


jueves, 17 de enero de 2013

Canto estamos a facer!!

A verdade é que estes días estannos dando para moito, non paramos de facer cousiñas novas. Aquí tedes o boneco de neve xa rematado, a que nos quedou chulo!! Agora so temos que esperar a que seque e xa o poderemos colocar no rincón do inverno.


Hoxe fixemos dúas actividades coa profe Tania, nunha delas estampamos as pisadas de diferentes animais, gustounos moito e fixemos e desfixemos un montón de veces. Tamén xogamos á pataca quente, con diferentes palabras.








E, xa por último, hoxe celebrámolo cumpre de Gabriel, que xa ten 4 aniños!!! Moitas felicidades Gabi!!!!!!

miércoles, 16 de enero de 2013

O Rey U

Pois aproveitando que os maiores están coa lectoescritura, estamos aprendendo a canción do Rey U, que aínda que ao principio non lles gustaba moito, despois de oíla un par de veces xa lle colleron a gracia. Aquí vola deixo...


Tamén estivemos cun xogo do inverno de completar letras que xa estaba no blogue, aínda que o enlace non funcionaba, pero xa está subsanado o erro.

martes, 15 de enero de 2013

Profe nova!!

Aínda que xa vos contarían os peques, hoxe tiveron profe nova, chámase Tania e estará con nós uns días. Tiñades que ver o encantados que estaban con dúas profes a súa disposición...jeje
Estamos ambientando a aula con motivos do inverno, elaborando un boneco de neve entre todos. Rematarémolo ao longo da semana, así que xa vos poñerei as fotos de todo o proceso.
Os maiores seguen coa lectoescritura, e xa dominan as vocais i e u.

viernes, 11 de enero de 2013

Hoxe sí que acompañou o tempo!!

Pois por fin hoxe puidemos disfrutar da tan esperada excursión. Nada mais chegar xa se querían poñer á fila, pero aínda tivemos que esperar un anaco polo autobús, así que dounos tempo a facer asamblea e todo. No cine pasárono pipa, aínda que algún botou en falta as palomitas...jeje. A peli gustoulles moito, non perderon nin un detalle e a banda sonora todo un éxito!!
No parque de bolas xogaron un montón, creo que si é por eles pasan alí todo o día... Aquí vos deixo as fotos  que puiden sacar nun vídeo, non teñen moi boa calidade porque a cámara non tiña batería e tiven que recorrer ao móbil. E a música do vídeo, non podía ser outra que a da peli... :)
Déixovos, tamén, na parte dereita do blog, a Banda Sonora con imaxes da peli, que seguro que aos peques lles encanta...
Que pasedes unha boa fin de semana, vémonos o luns!!

jueves, 10 de enero de 2013

Un pouco de todo...

Bueno, pois hoxe seguimos co inverno a voltas, que si os copos de neve, as bufandas e, aproveitamos para ver un mini-conto desta estación. Descubrimos que a música era dun tal Vivaldi e que ten unha para cada estación. Aquí volo deixo para que o vexades con eles.

Tamén estamos aprendendo unha canción e, os maiores da clase, xa comezaron coa lectoescritura, en concreto coa letra i.
Lembrade que mañá imos de excursión, polo que non haberá que traer merenda. Se vedes que fai malo, mandádelle unha chaqueta con capucha, xa que intentaremos evitar levar os paraugas e para ir abrindo apetito aquí vos deixo o trailer da peli de Tadeo Jones que veremos mañá.


martes, 8 de enero de 2013

...de volta!!!

Pois hoxe tocou reincorporarse ao cole, co madrugon que iso supón!! Aínda que a mañá pasóusenos bastante rápida, porque entre contar toooodoooo o que fixeron este Nadal, así como tooodooos os regalos que deixaron PapaNoel e os Reis Magos as horas fóronse nun periquete. E iso sen esquecernos do inverno, que tamén nos dou que falar, xa que mais de un propoñía irnos de excursión a Manzaneda, pero despois de votar contas horarias decidimos que mellor era que fosen con papi e mami, jejeje

sábado, 5 de enero de 2013

Quedada Valle-Inclanesca

Que mellor que aproveitar estas vacacións para facer unha quedada cos peques do ano pasado. Ahí vai a foto de todos os que nos xuntamos!!!