lunes, 12 de diciembre de 2011

Taller de estimulación á linguaxe

Hoxe no taller de estimulación á linguaxe estivemos traballando o sopro. Pero non un sopro calquera, senón o sopro suave. Para esto nun vasiño de plástico botamos unha gota de xabón e unha pouca auga, collemos unha palliña e a soprar, pero con moito coidado, porque tíñamos que formar un xeado sen que se nos derramase pola mesa... Era un pouquiño difícil, aínda que nos saíu moi ben!!
Podedes poñelo en práctica na casa, seguro que o pasan tan ben como o pasaron hoxe no cole!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario