sábado, 27 de abril de 2013

Saída a Caldas

Pois onte os peques foron de excursión a Caldas, e a verdade é que a mañá lles cundiu un montón e lles deu tempo a facer unha morea de cousas. Nada mais chegar foron ao parque do xardín e a ver os xifos ao estanque. Na biblioteca coñeceron unha chea de clases de libros e lle contaron un conto moi animado. Logo fomos para a panadería na que o pasaron pipa amasando e facendo mil e unha formas co pan, que si caras, flores, corazóns, empanadillas, mini-pizzas... Antes de saír os invitaron a un cacho de pan de manteca e, mentres se facían as súas obras de arte no forno, aproveitamos para xogar un pouco na tan desexada "Plazuela". De volta ao cole xa viñan un pouco mais cansos, aínda que non é de estrañar coa mañá tan axetreada que tiveron.
Aquí vos deixo un vídeo coas fotos da saída, a canción é a que traballamos para o Día do Libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario