lunes, 27 de mayo de 2013

As nosas bandeiras

Cada vez estamos aprendendo mais cousas sobre Paul Klee. Xa sabíamos que cando comezou a pintar só o facía con lápiz, e hoxe descubrimos que foi nunha viaxe a Túnez cando descubriu unha morea de colores que o caiutivaron. A raíz de esto, estivemos vendo a bandeira de Túnez, así como a de Galicia e España e, xa de paso, elaboramos a nosa propia, cada cal mais orixinal, aquí volas deixo...



E seguen a chegar mais aportacións para o proxecto... moitas gracias!!!


Non me podo esquecer de contarvos que xa temos dúas crisálidas na aula!!!! O venres deixamos a un gusaniño de seda traballando nela, pero hoxe cando chegamos a sorpresa foi maior ao ver que xa había outro. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario