miércoles, 27 de noviembre de 2013

No que vai de semana...

Aquí vos fago un resumo do que levamos de semana, xa sabedes que ultimamente ando un pouco a mil e esa é a razón pola que non actualizo diariamente.
Primeiro aquí vos deixo un vídeo coa profe de inglés, é unha canción dos colores que levan traballando dende o inicio do curso, así se queredes cantala con eles... non hai escusa, jeje


Por outra banda, seguimos pintando os continentes. Xa temos África, Asia, Oceanía e Europa, nestes dous días que quedan remataremos con América e os colocaremos no corcho. Aínda que mañá non sei se nos dará tempo a facer moito, xa que temos un taller de cociña pendente, que a cabeza da profe esqueceuse os papeis par as madalenas... ;(


Tamén estamos participando nun concurso cos Bolechas, os peques teñen que debuxar o seu cole. Levamos dende a semana pasada sen conexión á impresora, así que aínda o temos sen comezar e o prazo acaba o 30, esperemos que entre mañá e pasado o poidan arranxar (só por participar nos agasallan cun caderno por neno/a).
E, por último, ata a semana que ven estaremos sen teléfono no centro, debido a unhas actualizacións que van a facer, desculpade as molestias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario