domingo, 22 de septiembre de 2013

Presentación...oficila!!

A verdade e que co axetreo dos primeiros días o blogue está sen moitas actualizacións, pero esperemos que para a semana poidamos ir colgando mais cousiñas e mais a miúdo.
Comentarvos que temos profe nova de inglés, chámase Mari Carmen e ven dun cole de Marín, nun principio o seu horario vai a ser distinto do que vos din fai uns días, pero como aínda non está fixo, vos informo ao longo desta semana.
Por outro lado, me imaxino que os peques vos intentarían cantar a canción do noso pingüino Sadurniño, non?? E é que estes días estamos pintando un a tamaño grandote que vos ensinaremos cando estea rematado, así como tamén seguiremos practicando a canción para que vola poidan cantar enteiriña na casa.
E, bueno, para rematar, aquí vos deixo a presentación (que aínda non estaba feita) dos pingüis...
Vémonos mañá!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario