miércoles, 11 de septiembre de 2013

Arrincamos!!

Pois hoxe comezou para os peques o novo curso 2013-2014; este ano somos 13 nenos/as na clase doa pingüis!! Si, si, este ano viviremos no mesmisimo Polo Norte!!
E, bueno,  chegaron cunha morea de cousas que contar... que si a plaia, a pisci, as festas e, por desgracia, os incendios! :( ademais, xusto antes de rematar a mañá,  tocou sesión de helicópteros sobrevoando o cole...e eles encantados gritando a ver si tamén lle votaban a eles unha pouquiña auga!
Por outro lado, xa coñecemos aos novos compis que o levaron xenial para ser o seu primeiro día no cole "dos maiores", jeje
Xa hai as primeiras fotos deste día,  pero case vamos a esperar a ter todas as autorizacións para poñelas.
Espero que mañá volvan coas pilas igual de cargadas!!

1 comentario:

  1. Que ben comezar o curso así!!!! Moita sorte para todos que coa boa profe que teñen non van ter problema!!!Bicos

    ResponderEliminar