martes, 15 de octubre de 2013

Mais cousiñas...

Seguen a chegar cousas sobre o tema que estamos a traballar: "O medo", a verdade é que xa temos un recuncho cunha morea de cousas, mañá comezaremos a facer as primeiras manualidades para decorar e ambientar a aula. Un dos obxectivos deste tema e que descubran que todas estas personaxes (bruxas, pantasmas...) só existen nos contos e pelis.


Por outro lado, seguimos traballando coas adiviñas de animais e hoxe vimos a letra B de Bisonte, que lles custou un pouquiño adiviñar, xa que lle tiven que dar eu algunha pistiña... :)

1 comentario: